Concello da Coruña

Concello da Coruña

Suspensión cautelar no ámbito do polígono dos Rosales e no Ventorrillo

EXC0421_Suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, de xestión do solo e licenzas no ámbito do polígono dos Rosales e no Ventorrillo

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de febreiro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"PRIMEIRO.- No marco da modificación puntual do PXOM da Norma Zonal núm. 8 relativa a equipamentos, proceder o estudo e a análise da posible modificación da cualificación urbanística de determinadas parcelas cualificadas como dotacionais no polígono dos Rosales, así como no contorno do depósito do Ventorrillo cualificado como espazo libre público, para os efectos de determinar a súa cualificación como pública ou privada, identificando as dotacións urbanísticas existentes de titularidade e/ou uso privado.

SEGUNDO.- Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, xestión do solo incluídos os de expropiación forzosa, execución material e licenzas no ámbito grafiado que se achega ao presente acordo e nas parcelas catastrais: - 6424905NJ4062N- 6426503NJ4062N- 5729202NJ4052N- 6225905NJ4062N, excepto a porción afectada pola Modificación Puntual núm. 1/2016, relativa ao Camiño do Cura. Ao mesmo tempo, as parcelas obxecto deste acordo de suspensión que non contan con referencia catastral son as delimitadas no plano que acompaña a este acordo. Achégase a este acordo a delimitación do ámbito de suspensión grafiada no plano que se acompaña, así como o resumo executivo. A duración máxima da citada suspensión será dun ano. Sen prexuízo do anterior, a dita medida cautelar poderá ser obxecto de alzamento no marco da tramitación da modificación puntual. A suspensión non afectará os usos e actividades sinalados no art. 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

TERCEIRO.- Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do concello.

CUARTO.-. Notificarlles este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento."

O plano e o resumo executivo aos que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo no epígrafe "Exposición pública".

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Publícase isto para o xeral coñecemento.

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Consulta de expedientes do edificio Fernando Macías 2-10

Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio

Edificio Fernando Macías 2-10

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Botón de descargar o programa Adobe Reader.

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión