Concello da Coruña

Concello da Coruña

Suspensión de licenzas na rúa Sinagoga, 4 e 4A

EXC1421_Suspensión de licenzas de demolición e nova edificación no ámbito da rúa Sinagoga, 4 e 4A, na Cidade Vella da Coruña

Data:

2 de xuño de 2021

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de xuño de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"PRIMEIRO.- Suspender polo prazo dun ano as licenzas de demolición e nova edificación, definidas nos artigos 1.4.8, 1.4.9. e 1.4.10. do PXOM/13, no ámbito das parcelas situadas na rúa Sinagoga, números 4 e 4A, (referencias catastrais 9423104NJ4092S e 9423103NJ4092S respectivamente), do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescaría da Coruña do 2015 (PEPRI/15), identificadas no plano de delimitación e suspensión que acompaña a esta proposta, excepto as obras de restauración, conservación e consolidación.

A suspensión non afectará as actividades sinaladas no art. 86.3 do Regulamento da Lei do solo, nin ás obras de restauración, conservación e consolidación recollidas no artigo 1.4.8 das normas urbanísticas do Plan xeral, nin as definidas nos artigos 56, 57 e 58.1º do PEPRI/15.

Únese ao presente acordo o resumo executivo co contido previsto no art. 86.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

SEGUNDO.- Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica deste concello.

TERCEIRO.- Facultar o concelleiro da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, co fin de realizar as xestións correspondentes tendentes a adquisición por mutuo acordo dos devanditos inmobles, en atención ás peculiaridades da necesidade para satisfacer, da especial idoneidade do ben, do seu valor histórico-patrimonial e ás recomendacións realizadas pola Comisión Asesora do PEPRI.

CUARTO.- Notificarlle o presente acordo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para os efectos previstos nos arts. 3.2.b) e 49 da Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia, referido o último deles aos dereitos de tanteo e retracto.

QUINTO.- Notificarlle o presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como ao Instituto Galego da Vivenda e o Solo, para os efectos dos dereitos de tanteo e retracto contemplados no art. 13.1 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas, ao delimitar a dita Administración autonómica, unha área "Rexurbe" en cuxa delimitación están inseridos os devanditos inmobles.

SEXTO.- Notificarlles este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento".

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión