Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de decembro de 2021

Convocatoria de subvencións do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para obras de rehabilitación áreas de Rexeneración e Renovación urbana durante o ano 2022: grupo de vivendas "María Pita " en Labañou, "Casas de Franco" do Ventorrillo, e centro histórico

Convócanse no marco dos Acordos da Comisión Bilateral do 26 de outubro de 2018 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, por un importe total de 1.338.350,52 €

O 14 de decembro de 2021 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a nova convocatoria de axudas municipais aprobada o pasado 24 de novembro pola Xunta de Goberno Local, para a subvención de obras de rehabilitación, tanto nos elementos comúns de edificios de vivendas, como nas vivendas individualizadas, dos inmobles situados nas seguintes áreas de rexeneración e renovación urbana:

Poden ser obxecto de axuda as seguintes actuacións:

Son subvencionables as actuacións definidas nos artigos 36, 43 e 51 do PEV 2018-2021, que en síntese son:

  • Art. 36: Mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade das vivendas.
  • Art 43: Actuacións de conservación, e para a mellora da seguridade de utilización e accesibilidade.
  • Art. 51: Obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

Prazo de presentación:

Dous meses: desde o 15 de decembro de 2021 ata o 14 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓNS

Convocatoria completa na Base de Datos Nacional de Subvencións

Información sobre o procedemento e formularios, na Sede electrónica do concello

Consultas sobre a convocatoria, na web de consultas sobre subvencións de rehabilitación

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (140 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (338 KB)
  • [GAL] TR Ordenanza de conservación e rehabilitación (492 KB)
  • [CAS] TR Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (805 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión