Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de decembro de 2020

Convocatoria pública de axudas para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia a nova convocatoria de axudas municipais aprobada o pasado 2 de febreiro pola Xunta de Goberno Local, por un importe total de 2.650.000 €, para a subvención de obras de mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade tanto nos elementos comúns de edificios de vivendas, como nas vivendas individualizadas.

Poden ser obxecto de axuda as seguintes actuacións:

1. Obras de mellora de eficiencia enerxética que permitan obter unha redución da demanda enerxética anual global do inmoble, xa sexan edificios de vivenda colectiva ou vivendas individualizadas, de polo menos un 25% sobre a situación previa á actuación.

2. Obras de accesibilidade que afecten a elementos comúns en edificios de vivenda colectiva coa finalidade de dispoñer un percorrido completamente accesible desde o acceso do edificio desde vía pública ata cada unha das súas vivendas.

Inclúense actuacións de instalación de novos ascensores, ampliación do percorrido de ascensores xa existentes para suprimir tramos de escaleiras, adaptación de percorridos accesibles ata eles, e renovación de instalacións xa existentes.

En virtude das características estruturais e construtivas do edificio, así como do seu nivel de protección, tamén poderán ser obxecto de axuda aquelas que, sen alcanzar o devandito grao de accesibilidade completa, se permitan polo menos alcanzar os axustes razoables definidos no artigo 2 da Ordenanza municipal reguladora.

3. Obras de accesibilidade que afecten ao interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida, ou maiores de 70 anos.

Poderán ser beneficiarios das axudas:

Nas obras sobre os elementos comúns do edificio, as comunidades de propietarios e cada unha das persoas propietarias.

Nas obras en vivendas individualizadas, a persoa propietaria ou a ocupante con autorización dela.

Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.

Prazo de presentación:

Dous meses, que se contarán desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP (15/12/2020), isto é, desde o 16 de decembro de 2020 ata o 15 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Importe das axudas:

Establecerase segundo o indicado no artigo 8.º da Ordenanza municipal reguladora.

LIGAZÓNS

Publicación da convocatoria completa na Base de Datos Nacional de Subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/538131

Tramitación electrónica do procedemento, na Sede electrónica do Concello

Consultas sobre a convocatoria, na web de consultas sobre subvencións de rehabilitación.

DESCARGAS

Convocatoria,  en castelán ou galego

Ordenanza municipal reguladora, en castelán ou galego

Modelos 01 a 06

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión