Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de decembro de 2021

Información pública sobre o acordo de aprobación inicial da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles

Ábrese prazo de información pública do acordo de aprobación inicial da nova Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles.

O 2 de decembro de 2021 o Pleno do concello aprobou inicialmente a nova Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles, cuxo proxecto foi previamente aprobado pola Xunta de Goberno Local o 24 de novembro de 2021.

Esta nova ordenanza responde á necesidade principal de adaptar a regulación contida no Texto refundido da ordenanza municipal de conservación e rehabilitación do ano 2011 ás modificacións que introduciron nesta materia a Lei 2/2016, do chan de Galicia, o seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Decreto 143/2016, a Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia e o Decreto 61/2021, polo que se regula o informe de avaliación de edificios e créase o rexistro galego destes informes (REGIAE).

Ademais, o texto aprobado inicialmente depura a redacción do aínda vixente, tras derrogarse expresamente parte do seu articulado (fundamentalmente, a parte referida ás axudas á rehabilitación, que actualmente son obxecto da ordenanza aprobada o 10 de setembro de 2020); trata de solucionar incidencias que se producen na actual tramitación dos procedementos de reparación de deficiencias e de ruína e de adaptar estes a a regulación da administración electrónica, así como de facilitar a aplicación das medidas que establece a normativa urbanística para os casos de incumprimento dos deberes de conservación ou rehabilitación; e desenvolve as cuestións que o novo decreto autonómico do informe de avaliación de edificios (que substitúe a anterior inspección técnica de edificios (ITE)) remite á regulación de rango municipal, establecendo incluso o calendario para a presentación gradual destes informes segundo a súa antigüidade, uso e situación urbanística.

Tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 238, de 16 de decembro de 2021, e conforme ao disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local, o referido acordo plenario de aprobación inicial sométese a información pública por un prazo de 30 días hábiles, desde o 17 de decembro de 2021 ata o 28 de xaneiro de 2022, ambos inclusive. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as reclamacións ou suxestións que estimen oportunas, a través de calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas; e necesariamente a través dun rexistro de entrada electrónico no caso de suxeitos obrigados a relacionarse por esta vía de conformidade co establecido no artigo 14.2 do mesmo texto legal.

No suposto de non que non se presenten reclamacións nin suxestións dentro do prazo indicado, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional de aprobación da mencionada ordenanza.

LIGAZÓNS:

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (140 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (338 KB)
  • [GAL] TR Ordenanza de conservación e rehabilitación (492 KB)
  • [CAS] TR Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (805 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión