Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

2 de xuño de 2020

Publicacion do texto da nova ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas, aprobada inicialmente polo pleno do Concello o 05.03.2020

O Concello da Coruña iniciou o procedemento para aprobar unha nova Ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios e vivendas, mediante a súa aprobación inicial polo Pleno do Concello o pasado 5 de marzo.

O seguinte trámite do procedemento, que é o de Información pública e audiencia ás persoas interesadas polo prazo mínimo de 30 días para presentar reclamacións e suxestións, viuse afectado pola entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación da crise sinataria ocasionada pola COVID-19, que na súa disposición adicional terceira dispuxo a interrupción dos prazos para tramitar os procedementos as entidades do sector público.

Unha vez reiniciados os prazos administrativos polo disposto no artigo 9 do Real decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma, e de conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o texto da ordenanza aprobada inicialmente sométese a información pública polo prazo de trinta días, que se contarán desde o día seguinte á inserción do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que se produciu o día 2 de xuño, para que poida ser examinada e presentar as reclamacións e suxestións que se estimen oportunas.

Descarga o anuncio do BOP

Descarga o texto da aprobación inicial da ordenanza

OBXECTIVOS DA NOVA ORDENANZA

1.º Simplificación do procedemento

A simplificación do procedemento pasa tanto por unha mellor ordenación da documentación para presentar, tanto no momento da solicitude como no da posterior xustificación do executado, como pola integración co procedemento de obtención do título urbanístico habilitante para a execución das obras (licenza ou comunicación previa, segundo proceda), e a supresión de trámites intermedios que non resultan imprescindibles, nos seguintes ámbitos:

■ Ordenando a documentación para presentar polas persoas solicitantes; entre outros:

a) A acreditación da propiedade deberá estar actualizada;

b) A repartición da cotas será presentada polas persoas solicitantes;

c) Os orzamentos deberán axustarse literalmente ás especificacións técnicas dos proxectos ou memorias que definan as actuacións;

■ Suprimindo o requisito de inspección previa para solicitudes que se acompañen de proxecto ou memoria asinada por técnico competente na que se xustifique a súa necesidade de actuación.

■ Permitindo o inicio das obras en canto conten con título urbanístico habilitante (licenza ou comunicación previa), e se teña achegado tamén a documentación previa que as describa e xustifique (proxecto ou memoria).

■ Suprimindo a fase de proposta de resolución inicial: A resolución inicial da concesión realizarase directamente en canto os expedientes estean clasifiados e completos, e a obra conte con licenza.

■ A xustificación das actuacións deberá realizarse de oficio unha vez que finalice o prazo concedido para a súa execución, sen necesidade de requirimento.

■ A redución do prazo de prescrición no caso de non presentar a xustificación de ter executadas as obras dentro do prazo establecido.

2.º Mellora na definición e obxectivos das obras subvencionables

A nova norma propón unha nova clasificación das actuacións que poidan ser obxecto de axudas, definindo para cada unha delas os requisitos ou obxectivos mínimos que deben alcanzar nos campos da mellora da súa eficiencia enerxética, das condicións de accesibilidade, habitabilidade e sustentabilidade, a conservación de inmobles e, en especial, dos seus elementos obxecto de protección, co obxecto de facilitar unha posterior cuantificación mediante indicadores, dos resultados obxectivos en cada un deles tras a implementación da nova ordenanza.

Así, o novo texto:

■ Actualiza o tipo de actuacións subvencionables, para ordenalo segundo obxectivos específicos prioritarios para o interese xeral (sustentabilidade enerxética, inclusión social, conservación de patrimonio cultural, obriga de conservación das edificacións).

■ Permite convocatorias específicas para algúns destes tipos de actuacións, incluso considerando convenios con outras administracións competentes en cada materia.

3.º Mellora na determinación da contías das axudas

As contías das axudas reorganízanse establecéndose en relación directa con cada un dos tipos de actuacións subvencionables (o que non ocorría na ordenanza anterior), e os seus importes revísanse homoxeneizándose segundo os tipos de obras e os niveis de protección dos inmobles, independentemente da súa localización.

Para iso, introdúcense as seguintes determinacións:

■ Simplificación na determinación dos importes, elimínanse algúns que son de imposible aplicación na actualidade (elementos comúns en vivendas unifamiliares...), e relaciónanse directamente con cada unha das actuacións subvencionables (na ordenanza actual a relación entre tipo de obra e importe de subvención é moi confusa).

■ O recoñecemento do incremento do importe de execución con efectos sobre o da subvención (ata un máximo do 10%) por razóns sobrevidas na execución da obra será tramitado directamente na resolución definitiva (que ordenará o aboamento), evitando outro trámite de resolución inicial.

4.º Mellora na definición técnica e orzamentaria das actuacións

É necesaria unha mellor armazón entre a documentación técnica que defina inicialmente as actuacións para as que se solicita unha axuda, os orzamentos que presenten os promotores facilitados polos posibles contratistas, e a documentación técnica xustificativa das obras realmente executadas, de maneira que permitan establecer unha relación directa e inequívoca entre as obras ás que se refire cada documento, evitando discrepancias posteriores sobre a procedencia de outorgar definitivamente as axudas.

Por tanto:

■ Todas as obras de importe superior a 40.000 € + IVE, que deben presentar 3 orzamentos segundo a Lei de subvencións, deberán contar cun proxecto ou memoria que defina polo miúdo o seu orzamento (partidas e unidades) para que as ofertas das contratas se axusten a eles.

■ A definición técnica das obras incorporarase a través do expediente do título urbanístico (licenza ou comunicación previa), para que existan discrepancias técnicas ou económicas entre o autorizado e o subvencionado.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión