Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación

Que é o Plan director de rehabilitación integrada?

Desde o Concello da Coruña estase impulsando o Plan director de rehabilitación integrada (PDRI) do barrio das Flores, unha ferramenta para a rexeneración urbana do barrio que planificará accións de mellora na contorna urbana, o espazo público, as vivendas e os equipamentos e servizos.

O Plan director é un instrumento tanto estratéxico como de traballo executivo que guíe as futuras intervencións de mellora urbana do barrio. O obxectivo é crear un modelo de cidade máis sustentable e eficiente, máis inclusivo e máis amable cos seus e coas súas habitantes. Estes principios están aliñados co modelo e procesos da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible EIDUS Coruña, así como cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda Urbana 2030 impulsada polas Nacións Unidas.

Obxectivos do PDRI

O PDRI ten oito obxectivos estratéxicos que se enmarcan nos ámbitos de habitabilidade e vivenda, eficiencia enerxética e enerxías renovables, mobilidade e espazo público, emprego e actividade económica, cohesión social e convivencia, medio ambiente e saúde comunitaria, cultura e patrimonio, participación e gobernanza.

Fases e contido do PDRI

O PDRI estrutúrase en seis fases de traballo. A Fase I é a Análise e Diagnóstico Integral, que contempla tanto os aspectos físicos como sociais, ambientais, económicos e culturais do barrio e identifica as deficiencias urbanas pero tamén as potencialidades e oportunidades. A Fase II, Proxecto Estratéxico, definirá os obxectivos e visión de futuro desexada, detectaranse os espazos de oportunidade e identificaranse os proxectos detonantes e piloto.

A Fase III, Plan de Acción, é a parte máis executiva do PDRI, na cal se definirán as liñas de actuación e as accións para realizarse, xa sexan de carácter básico (sobre accesibilidade, seguridade, salubridade), de melloras cualitativas da habitabilidade ou de carácter estratéxico (dinamización e revitalización de espazos). A Fase IV, Plan de seguimento e monitoraxe, ten por obxectivo a transparencia e difusión do estado de desenvolvemento do PDRI e a valoración da súa eficiencia e do nivel do alcance dos obxectivos propostos en cada unha das actuacións que se van desenvolvendo. Finalmente o PDRI pecharase coa Fase V, de Consulta pública do Borrador do Plan director, na cal se validará por parte da cidadanía o PDRI e abrirase un período de presentación de alegacións que concluirá coa Fase VI, Documento Refundido, que conterá o acordo da veciñanza e axentes sociais sobre as propostas e determinacións formuladas.

Gobernanza

O modelo de gobernanza prevé tres espazos de coordinación: a nivel institucional, técnico e veciñal.

Mediante o Decreto da alcaldesa do 14 de xuño de 2021 (descarga) en Concello da Coruña constituíuse a Oficina do plan, que exercerá o liderado político e a secretaría técnica, constituída polas áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Medio ambiente e Sustentabilidade, Igualdade, Benestar e Participación e Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego.

Esta oficina contará cun Consello Asesor integrado por expertos/as profesionais e académicos/as da cidade de prestixio nos ámbitos do urbanismo, dinamización económica, acción comunitaria, servizos sociais, vivenda, medio ambiente, entre outros, que desenvolvesen o asesoramento estratéxico do plan.

O nodo central de execución do Plan director non estará formado soamente pola Oficina do plan, senón que tamén se constituíu un Grupo Impulsor que será o encargado de liderar a participación cidadá, implicando a veciñanza no deseño e a implementación das actuacións.

O Equipo redactor é o encargado de desenvolver todo o traballo técnico e está formado polas empresas Territoris XLM e BCQ Arquitectes.

Programa de participación cidadá

O Programa de Participación cidadá desprégase ao longo de todo o proceso de construción do Plan director. O obxectivo é integrar as necesidades e demandas veciñais no proceso de diagnóstico pero tamén validar os traballos técnicos que se van realizando na definición das estratexias e actuacións, así como a valoración das propostas e a priorización das accións. Para dar resposta a estes obxectivos expuxéronse distintas accións de participación en cada unha das fases de desenvolvemento do Plan director. Desde a distribución dunha enquisa na fase inicial, á realización de talleres temáticos, rutas explorativas e cartografías colaborativas na Fase II e III, ata a exposición pública, a presentación de alegacións e un cuestionario de validación final do PDRI.

Documentación para descargar

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión