Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enquisa cidadá

Desde o Concello da Coruña estase impulsando o Plan Director de Rehabilitación Integrada das Flores, unha ferramenta para a rexeneración urbana do barrio que planificará accións de mellora na contorna urbana, o espazo público, as vivendas e os equipamentos e servizos.

Actualmente estase desenvolvendo a fase de Análise e Diagnose no marco da cal lles pedimos a colaboración respondendo a unha enquisa que pretende incorporar os hábitos, percepcións e coñecementos que teñen os veciños e as veciñas do barrio. Trátase de coñecer que valoración fan dos espazos públicos do barrio e do estado das edificacións, así como sobre que melloras considérase que deberían introducirse.

Pódese responder o cuestionario de maneira telemática, accedendo desde esta LIGAZÓN , non lles levará máis de 10 minutos.

Tamén se poñerá o formulario en formato papel a disposición dos veciños do barrio, nas oficinas do Servizo de Rehabilitación e Vivenda (edificio da Estación de Autobuses) e en diferentes equipamentos e sedes de asociacións do barrio.

Agradecémoslles de antemán a súa colaboración.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivenda (140 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (338 KB)
  • [GAL] TR Ordenanza de conservación e rehabilitación (492 KB)
  • [CAS] TR Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (805 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión