Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxecto estratéxico

TALLERES DE DEBATE

O próximo día SÁBADO 27 DE NOVEMBRO terá lugar nos locais municipais da rúa Azahar, no barrio das Flores, a primeira sesión de talleres de debate organizados no marco da elaboración do Plan Director de Rehabilitación Integrada do barrio das Flores.

Por este motivo, facemos unha chamada ás persoas residentes no barrio que desexen participar nesta primeira xornada de traballo colaborativo ou nas que terán lugar en próximas convocatorias.

O obxectivo da xornada do día 27 será o de recoller propostas xerais de mellora para o barrio en coherencia coas directrices do Plan que foron presentadas durante a sesión pública do día 3 de outubro de 2021 como conclusión da fase de diagnóstico e que se poden consultar no seguinte link /vivenda/gl/pd-barrio-flores/analise-e-diagnostico.

Os talleres organizaranse en grupos de traballo de cinco acodes, ata un máximo de 30 participantes en total. Cada grupo traballará sobre unha temática en particular:

  • BARRIO E CONTORNA
  • PARQUE EDIFICADO
  • ESPAZO PÚBLICO

As propostas poñeranse en común e debateranse.

Debido ao aforamento limitado por cumprimento de medidas fronte á Covid-19, é necesario presentar con antelación a solicitude de participación, e os participantes deberán estar en posesión da Certificado Covid-19 para poder acceder aos locais.

Se o número de solicitudes recibidas excede o límite de aforamento, aplicarase como criterio de selección a máxima representatividade de perfís e localizacións. Neste caso, as persoas que non poidan participar presencialmente poderán enviar as súas achegas a través do formulario que se facilitará con antelación aos talleres.

Para poder participar nos talleres de debate, envíe a súa solicitude a través de correo electrónico, antes do 19 de novembro, á dirección asflores@coruna.gal indicando os seguintes datos:

  • Unidade veciñal na que reside (UV1, UV2, UV3, UV4, UV5)
  • Xénero (masculino, feminino, outros)
  • Grupo de idade (entre 18 e 25, entre 26 e 40, entre 41 e 60, máis de 61)
  • Ten persoas ao seu coidado (Non/Se)
  • Ten algunha necesidade especial (Non / Se, ¿cal?)
  • Pertence a algunha asociación (Non / si, ¿cal?)
  • Profesión (campo opcional)

Se desexa participar nos de talleres do día 27 de novembro:

  • Se, en calquera temática
  • Si, no tema 'Barrio e contorna'
  • Si, no tema 'Parque edificado'
  • Si, no tema 'Espazo público'
  • Non desexo participar nesta xornada

Para participar en futuros talleres de debate do Plan director:

  • Interésame tamén participar en futuros talleres
  • Non estou interesado noutros talleres por agora

RUTA DE RECOÑECEMENTO

O DOMINGO 28 DE NOVEMBRO realizarase unha ruta de recoñecemento polo barrio, aberta a toda a cidadanía, visitando os lugares que fosen máis sinalados para comentar o resultado dos talleres no propio lugar.

O punto de partida será nos locais municipais onde se realizan os talleres, ás 11.00 horas.

Para participar nesta ruta non é necesaria ningunha inscrición.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión