Concello da Coruña

Concello da Coruña

REXURBE

A recente Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia, articula instrumentos específicos de intervención en ámbitos especialmente degradados nos que a delimitación coincida, total ou parcialmente, cun conxunto histórico declarado ben de interese cultural (BIC), de tal modo que poidan realizarse neles actuacións de rehabilitación ao mesmo tempo que se articulan medidas sociais, urbanísticas, ambientais e económicas, enmarcadas nunha estratexia global e unitaria.

Para que a intervención mediante estes instrumentos sexa posible, é necesaria a previa delimitación e declaración destes ámbitos como Áreas de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico (Áreas Rexurbe), seguindo para iso o procedemento establecido nos artigos 54 e seguintes.

Con esta finalidade, o Servizo de Rehabilitación e Vivenda elaborou un documento denominado "Análise Socio-económico e Estratexia Urbana Preliminar para a Cidade Histórica da Coruña", que inclúe tanto a propia Cidade Vella como o barrio da Pescaría, realizado entre decembro de 2019 e febreiro de 2020, no que se identifican e delimitan dous ámbitos de actuación prioritaria (Améndoa Central da Cidade Vella; Eixe Orzán - Panadeiras) que aínda presentan procesos de degradación arquitectónica e urbanística, situacións demográficas delicadas e a existencia de graves problemas económicos e sociais, que requiren dunha estratexia social, económica e urbanística para conseguir a súa efectiva recuperación e dinamización.

Baseándose no exposto, a Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión do 29 de abril de 2020 acordou solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración dunha Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico (Área Rexurbe) do ámbito descontinuo que se relaciona a continuación, formado por dous sub-ámbitos:

  • Sub-ámbito 1: améndoa central da Cidade vella, delimitado polas rúas Ferrerías, praza das Bárbaras, rúa de Santa María, praza de Santo Domingo e a rúa Santo Domingo, incluíndo todas as rúas interiores.
  • Sub-ámbito 2: Eixe Orzán-Panadeiras, delimitado polas rúas Orzán (desde a praza de Pontevedra) e a rúa Panadeiras como eixe principal, e os paralelos Picos, Mariñas, Vista, Fenda de San Andrés e a Estreita de San Andrés, e as rúas perpendiculares Rexedor Somoza, praza da Cormelana, Perillana, praza Josep Sellier Loup, Pastoriza, Travesía de Mariñas, Travesía de San Andrés, praza Vista, Alta, Africano, praza do Africano, Pórtico de San Andrés, Sol, Ferrador, Cega e Travesía de Cordonaría.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) número 131 do 3 de xullo de 2020 publicou a Resolución do 25 de xuño de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de xuño de 2020, polo que se declara no Concello da Coruña área de rexeneración urbana de interese autonómico o ámbito descontinuo formado pola améndoa central da Cidade Vella e o eixe Orzán-Panadeiras.

Recentemente o Diario Oficial de Galicia do xoves 8 de abril publicou a Resolución do 26 de marzo de 2021 do Instituto Galego de Vivenda e Solo pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos Concellos de Coruña, Ribadavia, Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou rehabilitación

LIGAZÓN

Esta oferta pública vai dirixida aos concellos que xa teñen declarada unha área de rexeneración urbana de interese autonómico, como é o caso do noso municipio, con zonas onde existe un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono. Neste momento estase a elaborar o PLAN DE DINAMIZACIÓN que establece a Lei.

DOCUMENTACIÓN

  1. Plano localización do barrio-ámbito de actuación
  2. plano localización aéreo

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión