Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Polos seus especiais características e necesidades de rehabilitación e posta en valor urbanístico, é necesario poñer en práctica unha especial actuación de fomento na rehabilitación daquelas áreas especialmente degradadas ou que polo seu especial valor arquitectónico necesiten de actuacións específicas de rehabilitación. Para iso, desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación promóvense actuacións que mediante convenio con outras Administracións Públicas incentiven a rexeneración urbana e do patrimonio existente nestas zonas.
Na actualidade o Concello da Coruña ten asinados acordos para acceder ás axudas reguladas no Plan Estatal 2018-2021 no ámbito das seguintes áreas de rexeneración e renovación urbana (en diante ARRU):
1º - ¿QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
As definidas nos artigos 36, 43 e 51 do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021) que en síntese son:
2º - ¿QUEN PODEN PEDIR SUBVENCIÓN?
Poderán ser beneficiarios das axudas quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un. Cando se trate de comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o importe da mesma, como o custo das obras, deba repercutirse nos propietarios de vivendas e no seu caso locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade Horizontal.
3º - ¿CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?
As definidas nos artigos 37, 44 e 52 do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
4º - ¿CANDO SE PODEN SOLICITAR?
Pódense solicitar cando se abra prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade no BOP e prensa.
As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo.
5º - ¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Para ter máis información poden facelo a través do servizo de consultas dispoñible na seguinte LIGAZÓN
No apartado de NORMATIVA:
Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia a nova convocatoria de axudas municipais aprobada o pasado 2 de febreiro pola Xunta de Goberno Local, por un importe total de 2.650.000 €, para a subvención de obras de mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade tanto nos elementos comúns de edificios de vivendas, como nas vivendas individualizadas.
Trátase da aprobación definitiva e entrou en vigor o 9 de novembro de 2020.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible