Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Vivendas Grupo Nosa Sra. do Carme

O dereito a unha vivenda digna atópase declarado universalmente no art. 25 da Declaración de Dereitos Humanos de 1948 como no artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de 1966. Neste mesmo sentido o art. 47 da Constitución Española pronúnciase recolléndoo dentro dos principios reitores da política social e económica, establecendo que todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e que os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito.

¿QUE ACTUACIÓNS PROMÓVENSE?

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación traballamos para poder levar a efecto actuacións que promovan o acceso a unha vivenda digna aos veciños da Coruña. Para iso, poñemos a disposición as vivendas pertencentes ao patrimonio municipal e destinámolas á súa adxudicación mediante convocatoria pública para que sexan ocupadas en réxime de aluguer público.

¿CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Pódense solicitar cando se abra prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo. Para iso poden informarse directamente nas nosas dependencias de maneira presencial ou telefónica, a través da consulta no Boletín Oficial da Provincia ou nesta web.

¿QUEN PODEN OPTAR?

Serán as convocatorias as que recollan os requisitos necesarios poder optar a algunha das vivendas municipais en réxime de arrendamento.

¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información pode poñerse en contacto a través do servizo de consultas dispoñible na seguinte LIGAZÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión