DIRECTOS
Os edificios residenciais participantes no proxecto obterán as seguintes contraprestacións directas:
Pola súa banda, as vivendas participantes contarán cos seguintes beneficios directos:
INDIRECTOS
Os inmobles cuxas actuacións de rehabilitación enerxética sexan obxecto de monitoraxe a través deste proxecto, e os que posteriormente opten por facelo polos seus propios medios, incorporando igualmente a información xerada á plataforma municipal deseñada dentro deste proxecto, poderán optar a maiores axudas (en porcentaxe sobre o orzamento protexido e nas cantidades máximas correspondentes por vivenda) nas seguintes convocatorias de subvencións municipais para a súa rehabilitación enerxética.
Ademais, a monitoraxe enerxética será criterio de prioridade na clasificación das actuacións que opten ás subvencións.
O pasado 7 de abril o Pleno do Concello acordou aprobar inicialmente unha modificación da Ordenanza municipal reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas, e abrir un período de información pública e audiencia aos interesados para a presentación das reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible