Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de decembro de 2017

Convocatoria de subvencións á rehabilitación no ARRU Grupo de Vivendas de Mariñeiros e ARRU Elviña

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvención para a rehabilitación de inmobles en Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas /Áreas de Rehabilitación Integral: ARRU Grupo de vivendas de Mariñeiros (5ª fase) e ARRU Elviña (2ª fase), dentro da prórroga do Plan Estatal de vivenda 2013-2016.

O 28 de decembro de 2017 publícase no Boletín Oficial da Provincia o anuncio para a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvención para a rehabilitación de inmobles nas Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana / Áreas de rehabilitación integral: ARRU Grupo de vivendas de Mariñeiros e ARRU Elviña.

Estas subvencións destínanse á execución de obras de rehabilitación previstas no Plan estatal 2013-2016 e na súa prórroga, e son subvencionables as obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente.

As obras para as que se pode solicitar subvención deberán cumprir os requisitos recolleitos no artigo 88 da Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles e no artigo 10 da Orde do 23 de xuño de 2017.

Así mesmo, poderán tamén acollerse a estas subvencións as obras que estean iniciadas pero non finalizadas á data da publicación da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 29 de decembro de 2017 ao 28 de febreiro de 2018.

Prazo de execución das obras: indicarase na resolución de concesión inicial da subvención e como máximo será ata o 30 de novembro de 2018.

Prazo de xustificación: ata o 30 de novembro de 2018.

A solicitude débese presentar no impreso normalizado que se pode obter nesta mesma web ou nos distintos rexistros municipais, e débese achegar xunto coa documentación necesaria recollida nas bases, segundo o tipo de actuación para a que se solicite a subvención.

Poden obter máis información na Oficina Municipal de Rehabilitación e Vivenda situada na rúa Caballeros, 21, edificio "Estación de Autobuses".

Para coñecer todos os detalles, pódese descargar a convocatoria desde a seguinte ligazón. DESCARGAR

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión