Concello da Coruña

Concello da Coruña

Análise e diagnóstico

Desde o Concello da Coruña estase impulsando o Plan director de rehabilitación integrada das Flores, unha ferramenta para a rexeneración urbana do barrio que planificará accións de mellora na contorna urbana, o espazo público, as vivendas e os equipamentos e servizos.

ENQUISA CIDADÁ

Dentro da fase de Análise e Diagnose do plan, entre os días 12 e 25 de xullo de 2021 realizouse unha enquisa co fin de incorporar á análise do barrio os hábitos, percepcións e coñecementos que ten a súa cidadanía.

Na enquisa participaron un total de 488 persoas, o que supón unha porcentaxe aproximada do 12,5 % da poboación total do ámbito. Nela puideron dar a coñecer que valoración fan dos espazos públicos do barrio e do estado das edificacións, así como sobre que melloras consideran que se deberían introducir.

Os resultados da enquisa, que poden descargarse na ligazón inferior, divídense en información básica sobre os perfís dos participantes, e as súas valoracións sobre as condicións do espazo público, o transporte e a mobilidade, o comercio, a calidade ambiental da vivenda, e a identidade e arraigamento no barrio.

RESULTADOS

Os resultados finais da fase de análise e diagnóstico da redacción do plan, que integran os da enquisa cidadá cos obtidos a través doutros instrumentos de análise estatística e documental, fóronlle presentados á veciñanza do barrio nun acto realizado o 3 de outubro de 2021, ás 19.00 horas, na Igrexa da Resurrección, situada no corazón do barrio.

O documento resumo do Diagnóstico, que se pode descargar na ligazón inferior, presenta os seus resultados en relación co barrio, o parque edificado e o espazo público, incluíndo para cada un dos ámbitos unha análise DAFO e unhas primeiras Directrices de actuación.

Estas directrices serán a que orienten o traballo na seguinte fase, na que se definirá o proxecto estratéxico de rehabilitación integrada.

Documentación para descargar

1.º Informe da enquisa cidadá

2.º Resumo de resultados da Análise e Diagnóstico

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión