Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plan de acción

O Plan de Acción representa a fase executiva do Plan Director e constituirá tanto a folla de ruta que guiará as intervencións baixo uns mesmos obxectivos, como a ferramenta que facilitará e axilizará o paso á acción.

A súa estrutura organizativa desprega de forma gradual cada un dos Obxectivos estratéxicos definidos na fase anterior, que se concretan agora en 18 Liñas de actuación que serán a folla de ruta que rexerá as intervencións. Á súa vez, estas liñas de actuación desagréganse en 60 actuacións que constitúen o Catálogo de Actuacións, a ferramenta principal para operar o Plan Director.

As propostas do Plan de Acción territorialízanse e, xunto cunha Guía de criterios de intervención no espazo público e na edificación, conformarán o Masterplan.

Finalmente, o Masterplan e o Catálogo de Actuacións identifícanse unhas actuacións e ámbitos prioritarios, concibidos como Proxectos impulsores, un dos cales se desenvolve máis detalladamente en forma de Proxecto piloto, coa finalidade de ejemplificar a aplicación das actuacións propostas, neste caso para a transformación do espazo público.

PRESENTACION

A presentación do Plan de Acción á veciñanza e asociacións do barrio, aberta tamén ao público en xeral, terá lugar nos locais da Parroquia da Resurrección do Señor, situada no Barrio das Flores, nas seguintes datas:

XOVES 26 DE MAIO, ás 19.00 HORAS

VENRES 27 DE MAIO, ás 11.00 HORAS

En cada unha das sesións celebrarase tamén unha dinámica de participación cidadá para priorizar as actuacións e votar os proxectos impulsores.

Para facilitar a organización da presentación en función do aforamento, ou no caso de acudir persoas con algunha necesidade especial de accesibilidade ou de conciliación, pode avisarse sobre a asistencia no correo asflores@coruna.es. En todo caso as presentacións son públicas e o aviso previo non é imprescindible para acceder a elas.

DOCUMENTO

Para facilitar o coñecemento do Plan de acción con carácter previo á presentación e as sesións de debate e priorización, na seguinte ligazón pode descargarse un Documento de Síntese. Este documento tamén está dispoñible fisicamente nos seguintes lugares:

  • Polideportivo municipal do Barrio das Flores
  • Centro Cívico Veciñal de Monelos
  • Centro de Información á Muller (rúa Hortensias)
  • Centro de maiores (rúa Pensamentos)
  • Centro da asociación AVAN (rúa Xeranios)
  • Bar El Invernadero (rúa Pensamentos)
  • Bar A Cabana do Chopo (rúa Camelias)
  • Café Bar Din Don (Rolda Camilo José Cela)
  • Club deportivo Oza Xuvenil, Café Ambigú (rúa Caraveis)
  • Oficina Municipal de Rehabilitación (Estación de autobuses)

ENQUISA DE PRIORIZACIÓN

Entre os días 26 de maio e 3 de xuño pode participarse, a través da seguinte ligazón, nunha Enquisa de priorización de actuacións e votación dos proxectos impulsores , cuxo resultado trasladarase ao documento definitivo do Plan de Acción.

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión