Concello da Coruña

Concello da Coruña

Compravenda de vivenda

SUBVENCIÓN PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA EN CENTROS HISTÓRICOS.

O 25 de febreiro do 2021 ditouse polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (en diante, IGVS) a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2021.

O prazo de presentación de solicitude termina o 01/09/2021 e para solicitala deberá realizar a presentación do formulario incorporado como Anexo I na resolución, debidamente cuberto e dirixilo ao IGVS.

Poderán beneficiarse das devanditas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os requisitos recolleitos nas bases e as contías serán de ata 12.800 euros por vivenda no caso de que sexan adquiridas por persoas menores de 35 anos e de 10.800 euros no caso de persoas maiores de 35 anos.

No caso de que se adquira unha vivenda situada no ámbito declarado Rexurbe, a contía será de 15.000 euros por vivenda.

En ambos os casos as axudas terán o límite do 20% do prezo de compra da vivenda, o cal non incluirá os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

Para máis información debe consultar a convocatoria íntegra publicada no DOGA pulsando na seguinte LIGAZÓN

CONVOCATORIA PARA A ADQUISICIÓN, MEDIANTE COMPRA, DE INMOBLES SITUADOS NA área REXURBE DO CONCELLO DA CORUÑA PARA A CONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS DE VIVENDAS Ou PARA A súa REHABILITACIÓN Ou RENOVACIÓN.

Por parte do IGVS tramítase a oferta pública para adquirir inmobles no ámbito declarado área Rexurbe da Coruña.

O prazo de presentación termina o 09/07/2021 e para iso deberá presentarse ante a Dirección Xeral do IGVS un escrito onde figuren os datos persoais (nome e apelidos, dirección a efecto de notificacións, teléfono de contacto e, de ser o caso, dirección de correo electrónico), as características do inmoble, con indicación da superficie e da rúa ou praza onde estea situado, así como unha proposta de prezo esixido para a súa adquisición, que deberá estar especificado en letra.

Para máis información debe consultar a convocatoria íntegra publicada no DOGA pulsando na seguinte LIGAZÓN

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión