Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Actividades didácticas. Verán de 2020

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

A quen vai dirixido?:

nenos e nenas de 6 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 04/07/2020 ata o 29/08/2020

Xa rematou

Horario:

1. Talleres no Museo: sábados 4 e 18 de xullo e 1, 22 e 29 de agosto ás 12.00 h

2. Rutas en familia ao Castro de Elviña: sábados 11 de xullo e 8 de agosto ás 11.30 h

Duración:

Duración: 1,5 - 2 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Número de prazas:

10 por actividade

Requisitos:

Inscrición previa gratuíta por orde de reserva ata completar prazas: 981 189 850 (de 10.00 a 20.00 h)

Apertura do prazo de inscrición: xoves 18 de xuño

Recomendacións: roupa e calzado cómodo, gorra, botella de auga e protección solar (as actividades desenvolveranse ao aire libre mantendo as distancias de seguridade e as normas sanitarias).

1. TALLERES MONOGRÁFICOS DE ARQUEOLOXÍA NO MUSEO:

1.1. Sábado 4 de xullo: Os Torques Castrexos

Descubriremos os diferentes exemplos de xoias castrexas expostas no museo e elaboraremos o noso propio torques, coñecendo os diferentes tipos, materiais, técnicas e funcións destas destacadas pezas de ourivaría.

1.2. Sábado 18 de xullo: Mosaicos romanos

Coñeceremos a técnica musivaria, como se facían os mosaicos, que estancias ocupaban e cales eran os motivos decorativos empregados. Tras ver varios exemplos orixinais nas salas do museo, faremos o noso propio mosaico xeométrico empregando un patrón e tesela de cores.

1.3. Sábado 1 de agosto: Tocados medievais

As nenas e nenos coñecerán a colección de arte medieval exposta no patio do museo, na que verán cabaleiros con armadura, monxes con hábitos ou damas con vestidos e peiteados de rolo, para logo elaborar con teas un tocado ao estilo medieval.

1.4. Sábado 22 de agosto: Cerámica castrexa

Despois dunha visita á sala da Idade do Ferro para coñecer a evolución da cerámica castrexa, experimentarán coas súas propias mans elaborando unha peza de barro coas técnicas de fabricación e os motivos decorativos característicos desta cerámica.

1.5. Sábado 29 de agosto: Ötzi: O home que veu do xeo

Tras a narración do descubrimento da momia de Ötzi e utilizando de base os obxectos que apareceron con el, explicaremos os distintos aspectos da Prehistoria: hábitat, alimentación, caza etc. A continuación reproduciremos un dos obxectos de Ötzi e faremos lume de maneira individualizada utilizando a técnica de percusión.

2. RUTAS EN FAMILIA: A VIDA NO CASTRO DE ELVIÑA

2 sesións: sábado 11 de xullo e sábado 8 de agosto

Percorreremos o xacemento do Castro de Elviña descubrindo o seu patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico, mentres xogamos buscando pistas que nos axudarán a coñecer as diferentes edificacións escavadas, vivendas, murallas defensivas, alxibe... así como o día a día dos antigos habitantes deste poboado fortificado prehistórico da Idade do Ferro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión