A mostra propón, a través da fotografía, unha reflexión sobre os diferentes camiños que percorremos ao longo da vida e sobre a importancia de construír espazos de encontro, igualdade e convivencia.
Para público en xeral
Dende o 01/10/2026 ata o 16/10/2026
Xa rematou
Luns a venres de 08.00 a 21.00 h
Sábados de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h
Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros
CAMIÑOS reivindica os camiños da paz, da xustiza e da liberdade; camiños compartidos nos que teñen cabida todas as persnoas, independentemente da súa orixe ou das súas circunstancias. Unha mirada que tamén se detén na natureza e nos seus carreiros, nas pegadas que deixamos e nas que encontramos, lembrando que cada persoa forma parte dun camiño común.
A exposición convida a camiñar, descubrir e reflexionar aqueles carreiros que ás veces son coñecidos e outras veces aparecen ocultos ou por descubrir. Camiños que se constrúen paso a paso, coa experiencia, coa diversidade e coa vontade de avanzar xuntos.
Na mostra participan Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Calros Silvar, integrantes do colectivo fotográfico Ollo de Vidro.

Dende o 15/10/2026 ata o 10/01/2027
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible