Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cándido Pazó

Festival de narración oral 2021

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 h 

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 7,00 € (Carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 6,00 €) (Venda anticipada até o día anterior á función ás 23.59 h: 5,00 €)

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galicia e sendo un dos " benxamíns" das xeracións xurdidas ao redor dos primeiros encontros da histórica  Mostra de Ribadavia. Na súa formación é necesario resaltar o seu paso pola École  Philippe  Gaulier, en París, que acabará deixando moita pegada nos seus traballos de escritura e posta en escena.

Despois dunha primeira etapa de actor en diversas compañías e no CDG, debuta como autor e director de escena con O  melro  branco (Premio  Xeración  Nós de Teatro Infantil, 1989), peza representada pola súa compañía Tranvía Teatro. Dirixindo a compañía  Ollomoltranvía, pon en escena o seu traballo máis soado, "Commedia, un  xoguete para  goldoni", espectáculo de  comedia  dell'arte polo que recibe varios premios.

Realizou postas en escena, adaptacións ou traducións para diversas compañías galegas e o CDG, traballou con textos propios ou doutros/as autores/as da categoría de Roma  Mahieu, Gil Vicente, Quico  Cadaval, Marco Antonio de la Parra, Suso de Toro,  Sanchís  Sinisterra,  Therry Jones,  Umberto Eco ou Itziar Pascual.

Actor e director multipremiado en varias ocasións nos premios nacionais de teatro Max e nos autonómicoa María Casares, formou parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar no Maratón Europeo da Creación Teatral, dentro do programa de actividades da Capitalidade Cultural Europea de Bruxelas, 2000.

No campo da narración oral, máis aló das súas constantes actuacións en locais especializados, participou en numerosos festivais en España, Portugal e América Latina e imparte un seminario anual sobre "a  oralidade no actor" na  Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo do Porto.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662 867 109
  • Venda no despacho de billetes do Fórum Metropolitano: unicamente días de función desde unha hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión