Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo de conferencias "María Casares: do exilio ao escenario"

No 2022 celébrase o centenario do nacemento de María Casares. Unha efeméride idónea para saldar unha débeda coa memoria da cidade e coa propia familia Casares. Unha oportunidade singular para achegar ao público a gran figura dunha das intérpretes de máis sona do século XX.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 21/09/2022 á 01:00 , 19/10/2022, 22/11/2022 ás 00:01

Xa rematou

Enderezo:

Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Coa vontade de renderlle homenaxe e recuperar a súa memoria, desde a Xunta de Galicia propoñemos a celebración de María Casares: do exilio ao escenario, unha programación cultural vinculada ao universo creativo e interpretativo da actriz máis relevante da historia da cidade. Unha cartografía non só dos lugares, senón da memoria, nos que a autora de Residente privilexiada habitou, traballou e exhibiu o seu talento.

O Museo de Belas Artes da Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de febreiro e novembro de 2022, un ciclo de conferencias e encontros abertos ao público con personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron, desde a proximidade, o traballo de María Casares. Figuras de primeiro nivel ofrecerán o seu testemuño, a súa experiencia e memoria para situar a María Casares no lugar que sempre lle correspondeu no imaxinario colectivo. Lonxe do exilio. Na súa terra.

O próximo 2022 celebramos o centenario de María Casares, Vitoliña, Bitola. O ano da moza que, cen anos despois, regresará á súa cidade. Na que o seu nome xamais volverá ser arrebatado da nosa historia e do pretendido esquecemento.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión