O ciclo O nunca visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega continúa este luns 25 de outubro na Fundación Luis Seoane da man da artista Eugenia Cuéllar.
Para público en xeral
25/10/2021
Xa rematou
19:30 h
O acceso ao acto é libre, previa reserva no teléfono 981 216 015 (prazas limitadas).
Tras as presentacións de Mónica Mura, Sabela Eiriz e Enrique Lista, a cuarta sesión do ciclo O Nunca Visto contará coa presenza de Eugenia Cuéllar, que nesta ocasión presentará ¿Vienes? ¿Vamos?, un proxecto inacabado realizado no ano 2010 que pretendía reflectir a realidade social e os aspectos socio psicolóxicos do drama que padecen as mulleres que chegan ao denominado primeiro mundo e son enganadas e explotadas sexualmente, fundamentalmente mulleres hispanas e de cor. A artista nunca o considerou como un traballo abandonado, senón como algo para desenvolver máis adiante. Coas idas e vindas da pintura, nestes momentos hai un rexurdir no mundo anglosaxón da pintura figurativa executada por e sobre persoas de cor, presentando unha visión dun colectivo ausente, co que este proxecto acada unha forza renovada.
Eugenia Cuéllar estudou en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e Dereito (licenciatura) nas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela. Ten un máster de Investigación en Arte e Creación (UCM, 2017) e, actualmente, estuda co programa a distancia de Turps Art School, Londres (2022/2017). Ten exposto en mostras tanto individuais como colectivas en Reino Unido, Portugal, España, Bélxica, Italia e Xapón. Exposicións recentes inclúen, entre outras: Studio 1.1 This Year's Model III, Londres, Aberdeen Arts Society Open summer exhibition, UK; Royal West Academy 168th Annual Open Exhibition, Bristol, UK; Wells Art Contemporary, UK (2021-2020); Paisaxes Interiores/Exteriores, Palexco, A Coruña (2020); Arte Ambulante, A Colectiva; MOSTYN Open 21, seleccionada por Jennifer Higgie, Katerina Gregos, Hannah Conroy e Alfredo Cramerotti; Cambridge Summer Open no Alison Richard Building, Repurpose Reverse, Studio 1.1, Londres (2019); Royal Scottish Academy of Art and Architecture, Open Exhibition of Art (2018). A súa obra forma parte de coleccións públicas (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Cambre) e privadas en Reino Unido e Italia.
O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega é un ciclo que recupera proxectos artísticos que, por diversos motivos, non chegaron a concluírse. Baixo a coordinación de Sara Donoso, o ciclo é unha iniciativa da Fundación Luis Seoane realizada en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, que ata o vindeiro mes de decembro acollerá as propostas de diferentes artistas nunha serie de presentacións abertas ao público.
Os días 30/11/2023 ás 18:30 , 25/01/2024 ás 18:30 , 14/03/2024 ás 18:30 , 25/04/2024 ás 18:30
Os días 10/04/2024 ás 10:30 , 15/04/2024 ás 19:30 , 18/04/2024 ás 18:30 , 23/04/2024 ás 19:30 , 25/04/2024 ás 19:30 , 26/04/2024 ás 11:00
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible