Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: N.E.V.E.R.M.O.R.E.

De Chévere *Programación especial 20 anos do afundimento do Prestige

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/12/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso dispoñémonos a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar.

Con: Borja Fernández, Mónica García, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Tone Martínez e Arantza Villar

Dramaturxia e dirección: Xesús Ron

Axudante de dirección Nekane Fernández

Espazo escénico: Carlos Alonso

Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo

Vestiario: Uxía P. Vaello

Iluminación: Fidel Vázquez

Son: Xurxo Pinheiro

Coprodución Centro Dramático Nacional e Chévere co apoio de AGADIC

*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión