Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O doc do mes: "Unha viaxe de mármore", de Sean Wang

Bloques de mármore extraídos dunha canteira de Grecia viaxan en barco cara a China para ser convertidos en esculturas e columnas de estilo grego polos hábiles artesáns chineses.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/02/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Duración:

99 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 €

(carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

IMCE

O mármore sobrante transfórmase en pequenos souvenirs con imáns de neveira e envíanse de volta a Grecia para vendérllelos aos turistas chineses.

O cineasta Sean Wang constrúe unha memorable epopea cun poder visual abafador.

Unha viaxe alucinante pola ruta do mármore, divertida e reveladora.

Unha reflexión con humor sobre a autenticidade, a tradición, as relacións internacionais e o absurdo da economía global.

Dirección: Sean Wang

Países Baixos - RAE de Hong Kong (China) - Francia - Grecia

2021

99 min

VO en chinés, inglés, grego moderno, francés subtitulado ao castelán

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora: unicamente os días de función desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión