Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festival Polifónico

Participan: CORAL POLIFÓNICA "EIXIL" (CEDEIRA) CORO DA GAITEIRA (A CORUÑA)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/07/2022

Xa rematou

Horario:

20:00 h 

Pídese puntualidade 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde, ata completar a capacidade do auditorio. 

Organiza:

Asociación Musical A Gaiteira

Coro Asociación Musical Gaiteira (A Coruña)

O grupo actual é de recente creación, pero practicamente todos os seus membros, incluído o seu director, proveñen doutro coro anterior, no que tiñan unha ampla experiencia coralística. Unha característica singular é que a maioría das persoas compoñentes son veciños/as do barrio da Gaiteira-Os Castros, zona da Coruña que ten unha longa tradición neste tipo de agrupacións musicais.

Nos catro últimos anos, esta experiencia plasmouse en diversas actuacións cara ao público en toda Galicia, predominando sobre todo na provincia da Coruña e particularmente na cidade. Os concertos realizáronse en diversos formatos que van dende actuacións con varias corais, en combinacións con rondallas instrumentais, ata actuacións individuais. O repertorio é variado e abrangue músicas tradicionais de Galicia e doutras partes do mundo con adaptacións polifónicas, ata músicas de recoñecidos compositores clásicos internacionais. A asociación organiza anualmente un Festival de música polifónica en lingua galega, que promocione e expande este tipo de música coral, con coros provenientes de toda Galicia. Todos os nadais, organiza un Festival de Panxoliñas, con músicas desta época do ano, que conta con tanta tradición no noso país.

A Coral da Sociedade Artística Eixil toma o nome do monte que ten aos seus pés a fermosa vila mariñeira de Cedeira, que está asentada ao abrigo da Serra da Capelada e dos cantís do Santo André de Teixido, o lugar de peregrinación máis importante de Galicia, despois de Santiago de Compostela. Di a lenda que "A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo".

A Coral Eixil fundouse no ano 1973. En 1997 toma a batuta o prestixioso músico, especialista en acordeón, Javier Díaz Carrasco. Durante 25 anos, a Coral Eixil desfruta do saber e da paixón musical de Javier Díaz. Baixo a súa dirección, a Coral Eixil intenta achegar novos aires á forma de ver a música coral. Con esta finalidade e composicións propias ou arranxos de partituras, pero procurando que sempre leven o selo musical da Coral Eixil e do seu director. Pertence á Federación Coral Galega (FE.CO.GA.) e participa na Rede Cultural da Excma. Deputación da Coruña. Institucionou dous festivais: en xullo o Festival de Corais "Vila de Cedeira" e en decembro o "Festival de Panxoliñas e Polifonía", ambos na súa XXXII edición. Fai intercambios con corais de Galicia, doutras comunidades peninsulares, e de Portugal, e amosa o seu variado repertorio e procura sempre promocionar o nome da vila de Cedeira.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión