Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Homenaxe Martín Ferreiro

O Concello da Coruña e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) organizan a homenaxe a Martín Ferreiro Álvarez, concelleira de Obras Públicas e tenente de alcalde na corporación coruñesa na época da República e deportado a campos de concentración nazi

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/11/2021

Xa rematou

1. Acto de Homenaxe no Concello da Coruña

Lugar: Salón de plenos do Concello da Coruña

Hora: 11 horas

Interveñen:

Juan M. Díaz Villoslada (Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade) e Jesús J. Celemín Santos (Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Industria e Emprego) como representantes do goberno municipal

Carmen G-Rodeja, representante da ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica)

Xulio Valcárcel, poeta

José Manuel López Tuñas , investigador

Xosé Lois Martínez, arquitecto

Anxo Vázquez Bregua, sobriño de deportado, compañeiro de Martín Ferreiro

José Luís Alamán, neto de Martín Ferreiro

Presenta o acto a xornalista María Valcárcel

A interpretación musical correrá a cargo de Na Quinta

Durante este acto lembrarase o seu tempo como concelleiro nos anos da República , a súa achega e o seu periplo vital ata a súa deportación e morte no campo de exterminio.

2. Ruta sobre o urbanismo nos anos da República

Lugar. Diversos lugares da cidade e do ensanche

Hora: Saída de María Pita ás 17 horas

Esta ruta estará guiada polo profesor da ETSA e arquitecto Xosé Lois Martínez e un equipo de arquitectos. Mostrarán os edificios máis significativos do período republicano, no que Martín Ferreiro foi concelleiro. Entre eles, parte da praza de María Pita, o mercado de San Agustín, o proxecto do Cantón grande, o kiosko Atalaia e diversos edificios do ensanche da cidade.

3. Presentación da biografía sobre Martín Ferreiro e dos cambios no urbanismo durante o seu mandato

Lugar: Casa Museo Casares Quiroga

Hora: 19 horas

Participan:

Carmen G-Rodeja, ARMH

Xosé Luís Martinez, arquitecto e profesor na ETSA

Antonio Díaz Otero, profesor de Historia

José Luís Alamán, neto de Martín Ferreiro

Entrega de libros ao finalizar o acto.

Libro editado pola ARMH e cofinanciado pola Deputación da Coruña .

Documentos relacionados

  • Homenaxe Martín Ferreiro (269 KB)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión