Este ano celebramos o 58 aniversario do Museo Arqueolóxico que foi inaugurado o 5 de outubro do ano 1968. Tamén celebramos o Día Europeo da Arte Rupestre (o 9 de outubro)
Para público en xeral
10/10/2026
Xa rematou
O prazo de inscricións abrirase o mércores día 5 de outubro ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para a reserva.
90 min
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Todos os obradoiros son de balde
Por este motivo, como cada ano, o Museo Arqueolóxico organiza actividades destinadas a cativas e cativos de entre 6 e 14 anos, e un taller de persoas adultas que serán desenvolvidas o sábado 10 de outubro no Museo de San Antón, coa intención de difundir a arqueoloxía e a historia dunha maneira práctica e lúdica.
Cada taller terá unha capacidade de 18 nenas ou nenos e 12 persoas adultas.
As actividades comezarán ás 11.00 h o taller infantil e as 17.00 h o de persoas adultas.
Obradoiro infantil (de 6 a 14 anos)
11.00 h Pintando nas rochas
Queremos dar unha visión da arte rupestre da Prehistoria, a súa evolución tecnolóxica e conceptual, as súas técnicas e metodoloxía e as hipóteses sobre o seu significado.
As pinturas prehistóricas no noso museo.
Experimentarán a moenda de minerais para fabricar pinturas tradicionais, e o principio da física de fluídos e o Efecto Venturi ao "aerógrafo" prehistórico.
Duración: 90 minutos
Inscricións en
https://ticketing.coruna.gal/arq/pintando/
desde as 10:00 a.m. do 5 de outubro
Obradoiro de persoas adultas (desde os 15 anos)
17.00 h Do pigmento ao soprado: arqueoloxía experimental, física de fluídos e historiografía da arte rupestre
Queremos dar unha visión da arte rupestre da Prehistoria, a súa evolución tecnolóxica e conceptual, as súas técnicas e metodoloxía e as hipóteses sobre o seu significado.
Mostraranse imaxes dos principais xacementos da arte rupestre europea.
Experimentarán a moenda de minerais para fabricar pinturas tradicionais, e o principio da física de fluídos e o Efecto Venturi ao "aerógrafo" prehistórico.
Duración: 90 minutos
Inscricións en
https://ticketing.coruna.gal/arq/rupestre/
desde as 10.00 a.m. do 5 de outubro
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible