Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Poetas di(n)versos: Tamara Andrés e Hugo Mújica

Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo conducidas pola escritora e xestora cultural Yolanda Castaño.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

10/02/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

febreiro2020.pdf (2 MB)

Tamara Andrés (Combarro, 1992) é graduada en Tradución e Interpretación, cun Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. Traballa como tradutora e revisora de textos literarios mentres desenvolve a tese de doutoramento A tradución privada na poesía galega de autoría feminina a partir de 1980.

Se en 2015 publica o relato curto Amentalista e gaña o Premio de Poesía O Facho con Nenæspiraes, no ano 2017 sae do prelo Corpo de Antiochia, autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018. Dous poemarios máis viron a luz no pasado ano: Irmá paxaro (texto finalista do I Premio María Victoria Moreno) e Bosque vermello. Ademais, textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, en revistas ou en antoloxías, caso de No seu despregar (2015) ou da grega Anthology of Young Galician Poets (2019). É autora, xunto a Marcos Viso, do proxecto "Cartas ás 12", que deu como froito o sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de pensamentos (2019), así como do álbum ilustrado Distancias (2020).

Desenvolve accións poéticas para distintos espazos, participa en proxectos escénicos e audiovisuais, imparte obradoiros de poesía e de animación lectora e coordina diversos eventos literarios (ciclos de recitais en librarías, de vermús literarios, e o festival poético "Fala o mar" en Combarro). Finalmente, Tamara Andrés codirixe a revista de poesía, xornalismo e ensaio Ligeia.

Nado en Bos Aires en 1942, o poeta, ensaísta e narrador arxentino Hugo Mújica estudou Belas Artes, Filosofía, Antropoloxía Filosófica e Teoloxía, e ten hoxe preto de trinta libros publicados.

Superada unha dura infancia na que tivo que compatibilizar uns arduos estudos co traballo para sacar adiante á familia, axiña se embarcou na perpetua viaxe e na incansable procura que o levou por distintos camiños do mundo e da espiritualidade.

Publicou catorce libros de ensaio en editoriais de Arxentina, México e España, os últimos dos cales son: El saber del no saberse. Desierto, Cábala, el no-ser y la creación (2014), Dioniso. Eros creador y mística pagana (2016) e La carne y el mármol. Francis Bacon y el arte griego (2018). Ademais, Solemne y mesurado (1990) e Bajo toda la lluvia del mundo (2008) son os seus dous libros de relatos. A editorial hispano-mexicana Vaso Roto publicou en 2014 Del crear y lo creado, tres volumes que abranguen a case totalidade da súa obra: ensaística, narrativa e poética.

Canto a este último xénero, os máis recentes títulos da ducia de poemarios que leva publicado son Y siempre después el viento (2011), Cuando todo calla (2013, XIII Premio Casa de América de Poesía Americana), Barro desnudo (2016) y A las estrellas lo inmenso (2019). Ten ademais numerosas antoloxías persoais editadas en máis de vinte países; tendo en conta que algúns dos seus libros viron a luz en máis de dez idiomas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión