Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Emilia Pardo Bazán e o seu tempo"
Persoas adultas, Xuvenil
09/11/2021
Xa rematou
Dende o 02/11/2021 ata o 09/11/2021
Require inscrición, prazas limitadas
De 19.00 h. a 20.30 h.
bforum@coruna.es
Tel.: 981 184 298
Presentación a cargo da coautora do Epistolario de Emilia Pardo Bazán a Benito Pérez Galdós, Ermitas Penas. Falaranos do contido das cartas e do traballo de como foron recopiladas. Ermitas mantén nos seus estudos que Emilia Pardo Bazán quería ser soterrada en Galicia.
As cartas, de gran valor documental son custodiadas por diversas institucións. O proceso de recollelas para facer o estudo pasou pola visita á casa museo do propio Benito Pérez Galdós en Canarias. É directora do grupo de estudos galdosianos e coautora da edición do epistolario, xunto coa tamén catedrática Marisa Sotelo.
Este epistolario -precedido dun rigoroso estudo literario, crítico e, en boa medida, persoal, e dotado dun exhaustivo aparello crítico- incorpora 98 cartas manuscritas, que a condesa de Pardo Bazán dirixiu durante trinta e dous anos a un destinatario moi especial, Benito Perez Galdós. Un conxunto de cartas que, ademais do seu evidente interese literario, dada a relevancia da remitente e o seu destinatario, suscitaron unha gran expectación no público lector en xeral, pola natureza amigable, amorosa e aínda íntima que as misivas manifestan. Aínda que non pode darse o corpus por pechado, pois puidesen aparecer no futuro outras cartas, esta riqueza epistolar esixía xa unha publicación monográfica que, no seu conxunto, refire a crónica dun encontro, sentimental e intelectual, dobremente suxestivo.
Tamén che pode interesar
22/04/2024
23/04/2024, de 19:00 a 20:30
Entrada libre ata completar a capacidade.
Os días 30/11/2023 ás 18:30 , 25/01/2024 ás 18:30 , 14/03/2024 ás 18:30 , 25/04/2024 ás 18:30
Os días 10/04/2024 ás 10:30 , 15/04/2024 ás 19:30 , 18/04/2024 ás 18:30 , 23/04/2024 ás 19:30 , 25/04/2024 ás 19:30 , 26/04/2024 ás 11:00
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible