Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Samaín 2020: Personaxes infames

Obradorio online para celebrar o Samaín na Biblioteca Fórum Metropolitano

A quen vai dirixido?:

De 9 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

30/10/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/10/2020 ata o 30/10/2020

Require inscrición

Horario:

De 18:30 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

O Samaín é unha das festividades máis agardadas polo nosos usuarios. Este ano, ante a imposibilidade de facer unha actividade presencial por mor da covid, na Biblioteca Fórum Metropolitano, ímolo celebrar mediante unha interacción virtual difundindo unha serie de vídeos onde os bibliotecarios daremos pistas sobre os personaxes máis infames da literatura infantil e xuvenil.

Do 27 ao 29 de Outubro ás 18 h. na nosa canle de youtube e a través das redes sociais (facebook, instagram e twitter) difundiremos os vídeos con pistas, retos e testemuñas nos que teredes que descubrir que personaxe de novela de terror se agocha.

O día 30 ás 18:30 daremos todas as solucións nunha sesión virtual en directo na que participaredes activamente a través da plataforma zoom.

Nesta última sesión virtual manteremos un diálogo cos participantes no que daremos as pistas finais e lanzaremos preguntas acerca da identidade de cada unha das personaxes, para coñecer se realmente as adiviñaron. Os bibliotecarios presentarán a cada personaxe infame xunto co libro e/ou colección onde poden atopala.

Ademais ao longo da sesión haberá unha presentación de moitas máis obras infames dispoñibles na biblioteca.

Para esta sesión virtual precisades inscrición previa.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión