Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar primavera 2021: "Mauthausen, la voz de mi abuelo"

"Mauthausen, la voz de mi abuelo" quere transmitir o testemuño real dun protagonista da nosa historia recente (Manuel Díaz), a partir dos recordos gravados directamente por el antes de morrer, aos que dá vida a súa propia neta, quen relata con humor abraiante a súa propia experiencia no campo de concentración nazi.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/04/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para aplicar os descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

"Mauthausen, la voz de mi abuelo" é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia, literalmente de supervivencia.

Imma González dálle voz ao seu avó e é capaz de transmitir a forza do relato, carga o texto, os seus movementos e as súas accións non soamente de sentimento, tamén dun respecto e unha convicción que atrapan as persoas espectadoras e fan de Mauthausen un espectáculo substancial, conmovedor, divertido e con anxo.

A súa mirada franca, ao nivel do chan, e o seu sentido do humor, contrastan coa ferocidade dos sucesos. Non hai elaboración intelectual nin partidaria nos seus puntos de vista, directos e francos. A interpretación coloquial sen asomo de ambición, directa á alma, manteñen un ritmo vivo, ben respirado: Inma González fálalle a cada espectador/a ao oído, responde as súas reaccións con espontaneidade e é relatora e suxeito do relato ao mesmo tempo.

Compañía: Trajín Teatro

Idioma: castelán

Dirección e dramaturxia: Pilar G. Almansa

Intérprete: Inma González

Espazo escénico: Pilar G. Almansa e Inma González

Espazo sonoro e música orixinal: Luís Miguel Lucas

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662 867 109
  • Venda no despacho de billetes do Fórum Metropolitano: unicamente días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión