Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público Outono 2021. Las Cotton

Espectáculo para nenas e nenos a partir de 5 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2021

Xa rematou

Horario:

18.30 h

* Non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

(abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)

(Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada)

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
  • En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada
  • É necesario puntualidade

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos. Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Deixando atrás os perigos do seu pobo natal, a familia Cotton diríxese á cidade procurando novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas da fábrica, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e perigos descoñecidos. Mais, esta vez, non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.

POR QUE LAS COTTON? Inspiradas nas loitas obreiras das mulleres na industria téxtil de principios de século, nace Las Cotton. Creamos un imaxinario visual a través da mirada dunha familia en plena revolución industrial, decidimos falar sobre a chegada da industrialización, do éxodo ás cidades, a dureza da fábrica... mais tamén queremos falar sobre o exemplo daquelas mulleres, que entenderon que só xuntas poderían conseguir unhas vidas dignas. Unha vez máis, o teatro de monicreques permítenos crear un imaxinario, unha estética e uns códigos que axudan a explicar conceptos "adultos" ao público máis pequeno. Porque as historias viaxan a través das emocións, e as emocións non teñen idade.

PREMIO FETÉN 2021 AO MELLOR ESPECTÁCULO DE MONICREQUES

Compañía: Anita Maravillas

Idea orixinal: Miren Larrea

Intérpretes: Miren Larrea e Valentina Raposo / Maren Basterretxea

Dirección: Iván Alonso

Público: + 5 anos

Espectáculo en castelán

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión