Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TRC danza: Emigrantas

De Kirenia Danza

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/09/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dous intérpretes en escena dan vida a unha experiencia central para a súa xeración: a emigración e o retorno da última diáspora, distinta das anteriores mais mantendo o pasado na memoria. A última onda migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas de entre 20 e 39 anos abandonaron Galicia na procura de contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico sobre as migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX, mais non os do presente. Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega na compaña doutras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial. O motor das Emigrantas é pensar a onda migratoria actual en complicidade coas comunidades galegas no exterior e tamén outras emigrantas en Galicia, para así construír unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

Dirección e coreografía: Kirenia Martínez

En escena: David Loira, Esther Latorre

Texto: Branca Novoneyra

Produción: Lucila Campos

Servizo técnico: Equipo Creativo RTA. Diego Vilar Ortigueira

Espazo sonoro: Babykatze e Bruno Baw

Deseño gráfico: Niko Alvarellos

Fotografía: Bruno Baw

Vestiario: Jandro Vila

Venda de entradas

Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h. e de 15.00 a 18.00 h.; venres de 10.00 a 15.00 h.

*Despacho de billetes Teatro Rosalía: excepcionalmente abrirá desde o martes 14 de setembro ata o sábado 18 de setembro en horario de 16.00 a 20.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión