Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tres Tristres 2.0

“Tres Tristres 2.0” é unha peza que traballa co repertorio da compañía cubana Danza Teatro Retazos espigando materiais antigos de pezas como “La casa de María”, “Mujeres”, “Rosas y Herencias”, “Peses en las manos” e “Tres tristes tres” .

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/09/2021

Xa rematou

Horario:

21:00 h 

* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

5.00 euros (Próximamente á venda)

Organiza:

Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

Contacto:

agora@coruna.es

O motivo da recuperación é mostrar unha alquimia repertorial  da tradición propia que queda lonxe, case esquecida polos bailaríns que estrearon as pezas fai dúas décadas. 

"Tres Tristes 2.0" é tamén unha reflexión sobre temáticas universais coma a soidade, o encontro, a pertenza, o absurdo, a beleza, o grotesco, o misterio e a poesía. Recordos que abriron un acordo silencioso e sen texto; e sobre eles, preguntámonos:

Qué pasa cando esquecemos unha coreografía que non foi documentada nun soporte visual? Cómo unha bailarina pode recoller a testemuña coreográfica doutras anteriores? Cómo lembramos aqueles movementos antigos? Cal foi a mecánica poética  dun movemento perdido? Cómo poderemos recuperar os movementos perdidos?

FICHA  ARTÍSTICA:

  • Dirección Kirenia Martínez Acosta
  • Intérpretes: Estefanía Gómez , Leodán Rodríguez e Kirenia Martínez Acosta
  • Extractos coreográficos/versionados: Danza Teatro Retazos.
  • Colaboradores artísticos: Danza Teatro Retazos,Cuba e Memory Wax, Suecia.
  • Asistencia coreográfica: Miguel Azcue
  • Deseño de vestiario:Jandro Villa
  • Espacio Sonoro:LLXNTO e Bruno Baw
  • Deseño gráfico: Niko Alvarellos
  • Espazo lumínico: RTA
  • Espazo audiovisual: Visaki Film e Kirenia Danza
  • Produción: EidosD e Idearock
  • Coprodución: CCG-AGADIC
  • Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

VENDA DE LOCALIDADES

Venda no Centro Ágora: unha hora antes do espectáculo (sempre que queden localidades dispoñibles).

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión