Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2021

A 12ª edición de Poetas Di(n)versos reunirá no Ágora este luns a Roger Wolf e Carlos Santiago

A coordinadora do ciclo, Yolanda Castaño, destacou que ambas as voces son moi conscientes da faceta escénica da poesía nunha nova entrega que se poderá ver vía streaming a través da web das Bibliotecas Municipais da Coruña e que se adiantará ás 20.00 horas para cumprir coa limitación de mobilidade nocturna

O director da Área de Cultura, Rómulo Sanjurjo, e a coordinadora do ciclo Poetas Di(n)versos, Yolanda Castaño, presentaron esta mañá unha nova entrega da 12.ª edición, que ofrecerá este luns no Centro Ágora a posta en escena, ás 20.00 horas -media hora antes do habitual- dun dos máximos expoñentes do realismo sucio, Roger Wolfe, e do santiagués Carlos Santiago, cuxa poética está vinculada á escena en proxectos como a Sala Nasa ou a Psicofónica de Conxo. Sanjurjo destacou a importancia de se reencontrar cun ciclo, "que é xa un clásico moderno" e que tamén se poderá ver vía streaming desde a web das Bibliotecas Municipais da Coruña, "o que permitirá chegar a outros públicos". Sanjurjo sinalou que o obxectivo do goberno de Inés Rey "é seguir apostando polo sector cultural na súa vertente creativa e profesional" e valorou o esforzo "extra" das persoas organizadoras para traeren a poetas referentes en todo o mundo.

Pola súa parte, Yolanda Castaño asegurou que a cultura é resistencia, e que por iso "resistimos e camiñamos para diante". Engadiu que, deste xeito, "facemos avanzar a 12.ª edición e que máis ca unha limitación, "esas 90 persoas de capacidade máxima son algo que celebrar e poder manter, seguindo os protocolos sanitarios dunha maneira estrita".

A coordinadora explicou que nesta entrega reunirase o mellor da poesía en galego e de fóra a través dunha programación diversa canto a sexo das persoas participantes, xéneros, estilos e xeracións literarias. Castaño destacou da parella do luns que son dous homes moi conscientes da faceta escénica da poesía: "O inglés Wolfe foi considerado discípulo avantaxado de Bukowski" e "a actividade como dramaturgo e director de escena de Santiago é hiperactiva tanto en Galicia como en Portugal", apuntou.

O luns 8 de febreiro será quenda para a poesía cálida, ben pulsada e meditada de dous poetas de longo oficio nados en Cuba e na Terra Chá: Rodolfo Häsler e Xesús Rábade Paredes. E o 22 de marzo chegará dende Lisboa a consagrada autora lusa Maria do Rosário Pedreira e, dende Vigo, un integrante da chamada 'Xeración dos 80', considerado un dos nomes máis recoñecidos da poesía galega: Xavier Rodríguez Baixeras.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión