Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2019

A alcaldesa pon en valor o traballo do Clúster Saúde de Galicia durante a inauguración do IV Fórum RIES2019

Nesta edición tratarase a temática da economía da prata, o sector que trata de cubrir a demanda dos consumidores senior e presentaranse os primeiros resultados do proxecto europeo neuroATLANTIC

A alcaldesa da Coruña foi a encargada de inaugurar na mañá deste xoves o cuarto Fórum RIES2019, Retos Internacionais do Ecosistema Saúde 2019, que organiza o Clúster Saúde de Galicia. Un encontro entre os principais axentes do sector sanitario e sociosanitario do ámbito público e privado a nivel europeo para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde.

O desafío da economía da prata, un sector que trata de cubrir a demanda dos consumidores senior, é a temática do IV Fórum Internacional RIES. Unhas xornadas dirixidas aos profesionais que deben prepararse para o reto do envellecemento poboacional desde a perspectiva das oportunidades de investigación, innovación, creación de emprego, dinamización da economía e mellora dos servizos para as persoas maiores. Un encontro de debate e intercambio a través do contacto directo cos principais actores, que poñerán en común o seu traballo e darán a coñecer os seus avances e experiencias no campo so envellecemento activo e saudable.

A alcaldesa subliñou o labor da promotora das xornadas, o Clúster Saúde de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é dinamizar a competitividade da industria da saúde de Galicia contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas. "Co voso traballo poñedes o foco nun sector prioritario nunha sociedade que cada día demanda máis respostas" expuxo Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión