Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de agosto de 2021

A Banda Municipal celebrará a semana de Viñetas cun repertorio de zarzuelas e jazz o 13 de agosto en Méndez Núñez

A formación poñerá música ao salón internacional nunha tarde multicultural na que interpretarán o programa “Viñetas sonoras: zarzuelas e jazz”, que incluirá pezas do xénero chico e ritmos jazzísticos procedentes de Austria e Estados Unidos

A Banda Municipal ofrecerá o 13 de agosto, ás 20.30 horas, un concerto nos xardíns de Méndez Núñez baixo a dirección do mestre David Fiuza. A formación interpretará o programa "Viñetas sonoras: zarzuelas e jazz", no que incluirán obras do xénero chico asinadas por Ruperto Chapí e Miquel Asins Arbó. Na segunda parte, as persoas espectadoras achegaranse ao repertorio do austríaco Joseph Horotivz e do estadounidense George Gershwin. Deste xeito, pasarase das pezas de Arbó nas que se exalta Madrid, a ritmos jazzísticos que proveñen de Europa e Norteamérica nunha semana do cómic que tamén terá banda sonora. Así será como a banda deseñada e a música en directo uniranse nunha tarde especial, na que a veciñanza poderá desfrutar das conversas e exposicións, e rematar escoitando o recital.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión