Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2021

A Coruña acolle esta fin de semana a primeira Regata Isabel Zendal, unha competición de vela feminina

O Náutico coruñés estreará catro xogos de velas para os seus barcos J-80 que foron financiadas polo Concello

A Coruña acollerá esta fin de semana a primeira Regata Isabel Zendal de vela. Trátase dunha competición feminina que conta co apoio do Concello da Coruña. Ao acto de presentación, realizado este venres pola mañá no Náutico, acudiu a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Este gran premio nace coa intención de consagrarse como unha regata de referencia a nivel nacional e internacional. Participarán dez tripulacións femininas en barcos da categoría J-80. O Concello da Coruña financiou para as embarcacións do Náutico catro xogos de velas, que serán estreadas nesta competición. Trátase de catro xogos de tres velas cada un -maior, foque e gennaker- de cen metros cadrados.

Esta regata nace para pór en valor a figura de Isabel Zendal, que foi certificada pola OMS como a primeira enfermeira do mundo en misión humanitaria. A competición realízase na Coruña, desde onde partiu en 1803 a embarcación 'María Pita' coa Real Expedición Filantrópica da Vacina, tamén coñecida como Expedición Balmis, que permitiu inocular a vacina da varíola nos distintos continentes.

Participarán na regata tripulacións de diferentes clubs nacionais como o Náutico coruñés, o Náutico de Vigo, o Náutico de Sanxenxo, o Club Astur de Regatas de Gijón ou o Marítimo de Abra (Bilbao). A competición será este sábado e domingo e haberá un total de 60 mulleres que participarán, entre elas as mellores a nivel nacional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión