Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2022

A Coruña, galardoada co Premio Ciudades que Caminan 2022

O xurado xustifica esta distinción pola creación da Rolda Peonil de 3,5 quilómetros que conectará diferentes barrios

A Coruña é unha das cidades galardoadas co Premio Ciudades que Caminan 2022. O xurado decidiu outorgar este recoñecemento como municipio de máis de 100.000 habitantes que fomentan a mobilidade sostible e levar a cabo numerosas actuación con esta finalidade.

O xurado estivo formado pola urbanista Paula Tees, o arquitecto Mateus Porto e a planificadora urbana Paula García. A candidatura da Coruña obtivo 90 puntos, outorgados segundo criterios que tiveron en conta o número de actuacións realizadas, a perspectiva dun programa global para o municipio, o carácter replicable dos traballos e o labor de comunicación.

No caso da Coruña o premio xustifícase pola creación por parte do Goberno de Inés Rey da Rolda Peonil, un circuíto lineal de 3,5 km que percorre todo o interior da cidade incorporando algúns tramos xa peonalizados con anterioridade. O xurado considera que se crea un circuíto seguro, accesible e confortable en diferentes barrios da cidade, o cal foi valorado moi positivamente. No último ano executáronse máis de 7.500 metros cadrados deste proxecto por máis dun millón de euros de investimento. Ademais, están en marcha os proxectos doutros tres tramos, un total de 12.000 metros cadrados, que contan con máis de 3 millóns de euros de investimento.

Ademais destacan a existencia do plan Coruña Camiña, que consiste na mellora da mobilidade peonil en diferentes puntos da urbe. Executáronse no que vai de mandato 35 intervencións por máis de 7,5 millóns de euros co obxectivo de crear unha cidade máis sostible, saudable e segura.

Precisamente, este martes comezaron as obras do segundo tramo de Alcalde Marchesi, entre Ramón y Cajal e Posse, que forma parte desta Rolda Peonil. A actuación levada a cabo polo Goberno de Inés Rey, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, mellorará notablemente a calidade urbana da contorna. Os premios entregaranse a tarde do venres, día 7 de outubro, na sede do Collegi d'Arquitectes de lles Illes Balears, en Palma, no transcurso do congreso da Rede de Cidades que Camiñan.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión