Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de enero de 2022

A Coruña preséntase en Madrid como referente do turismo cultural e de grandes eventos

A alcaldesa destacou os principais atractivos culturais do 2022: o ano internacional María Casares, a ruta picassiana, a nova ruta Napoleónica e o Camiño Inglés

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta tarde en Madrid os elementos centrais da oferta turística coa que A Coruña quere volver a situarse tras a pandemia "como un destino turístico de primeiro nivel en Europa". Nun acto ao que asistiu a Ministra de Turismo, Reyes Maroto, xunto a representantes do sector turístico e do ámbito institucional e social, a alcaldesa destacou que a oferta cultural da cidade e a celebración de grandes eventos serán os "grandes eixos de atracción de visitantes en 2022 que permitirán que a nosa cidade se sitúe como es espacio de referencia do noroeste español". 

O ano internacional María Casares será un dos elementos centrais da oferta cultural da cidade e permitirá, en palabras da alcaldesa, "estreitar lazos con Francia e potenciar o turismo co país galo a través da nosa recentemente estreada conexión con París". O teatro e a actriz homenaxeada serán o foco de numerosas actividades como a exposición que se presentará en maio baixo o título 'María Casares. Actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada'. 

A alcaldesa manifestou a vontade do seu goberno de recuperar a ruta picassiana co obxectivo de reivindicarse entre as cidades fundamentais na vida de Picasso e como paso previo ás celebracións que terán lugar no 2023 con motivo do 50º aniversario do falecemento do artista. 

Inés Rey presentou tamén en Madrid unha nova ruta de interese turístico, a ruta Napoleónica, que permitirá vincular a Coruña con outros destinos europeos como Portugal ou Francia, e destacou a vontade do seu goberno de potenciar o Camiño Inglés máis alá do ano Xacobeo. 

Grandes citas de 2022 

A rexedora destacou a capacidade da cidade para acoller grandes eventos de dimensión nacional e internacional e presentou algunhas das citas máis destacadas que acollerá A Coruña en 2022. Para Inés Rey, o recentemente confirmado partido da Selección Española que se disputará na Coruña o 29 de marzo pon de manifesto "a vontade, o compromiso e a capacidade da cidade para organizar e acoller eventos de grandes dimensión". 

O 2022 será o ano do 25º aniversario de Viñetas desde o Atlántico, do 20º aniversario dos Premios Mestre Mateo e o ano no que A Coruña acollerá de novo a celebración de grandes ferias como Biocultura, Fórum Gastronómico ou Expotaku. En abril, A Coruña será a capital mundial do humor coa celebración do Primeiro Encontro Mundial de Humorismo. 

Para o mes de xuño están organizadas catro grandes citas de relevancia nacional e internacional: a Asamblea Nacional de Spain Convention Bureau, na que participan 50 cidades españolas; as Xornadas Europeas de Arqueoloxía, coincidindo co 75º aniversario do inicio das excavacións no Castro de Elviña; o Congreso Mundos Dixitais, que levará a A Coruña a máis de 1.000 persoas e situará a cidade no epicentro do debate sobre o futuro da animación, os efectos visuais e os novos medios; e un encontro tecnolóxico de nivel internacional do que en vindeiras datas se ofrecerán más detalles. 

"A Coruña ten motivos para o optimismo, o 2022 será o ano do despegue turístico da cidade, ano no que a cidade volverá ser un destino turístico europeo de primeiro nivel",  indicou Inés Rey, quen salientou que a potenciación da cidade no exterior xirará en torno a catro eixos estratéxicos: sostibilidade, dixitalización, grandes eventos e turismo cultural.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión