2 de octubre de 2026
A escritora Remedios Zafra, o director da AESIA, Alberto Gago, e o cineasta Chino Moya, entre outros, participan no encontro Periscopio A Coruña
A Domus acolle hoxe a xornada 'Periscopio A Coruña. O papel da IA nos sectores culturais e creativos', un encontro que reúne na cidade a destacadas voces dos ámbitos da cultura, a tecnoloxía e a innovación para reflexionar sobre os retos e oportunidades que a intelixencia artificial presenta para a creación, a produción e a difusión cultural. A iniciativa está organizada pola Fundación Contemporánea co apoio do Concello da Coruña e da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
A xornada foi inaugurada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e pola directora da Fundación Contemporánea, Sara Magán. Durante a súa intervención, Castro destacou a aposta do Goberno de Inés Rey pola innovación como ferramenta para fortalecer o ecosistema cultural da cidade e promover espazos de diálogo sobre os grandes desafíos contemporáneos. "O desenvolvemento da intelixencia artificial abre novas posibilidades para a creación e a difusión cultural, pero tamén nos formula importantes preguntas éticas, profesionais e sociais. É fundamental que cidades como A Coruña participen neste debate e contribúan a construír un uso responsable destas tecnoloxías ao servizo da cultura e do coñecemento", sinalou o edil.
Castro subliñou tamén que "a celebración de Periscopio reforza o posicionamento da Coruña como cidade innovadora e comprometida coa reflexión sobre o futuro dos sectores culturais e creativos, favorecendo ademais a conexión entre profesionais da cultura, da investigación e da tecnoloxía". O edil destacou a aposta do Goberno de Inés Rey por ser referentes na regulación da IA grazas á presenza na cidade da AESIA.
A conferencia inaugural correu a cargo da escritora e investigadora Remedios Zafra, que aborda a relación entre creatividade e intelixencia artificial na charla 'Crear como traballo con, en e malia a intelixencia artificial'. Ao longo da xornada analízanse tamén os efectos destas ferramentas na produción cultural, na relación cos públicos e nos modelos de creación artística.
Entre as persoas participantes destacan Alberto Gago, director da AESIA; o cineasta e artista Chino Moya; a directora de programación de Acción Cultural Española (AC/E), Inmaculada Ballesteros; e o director creativo da Colección SOLO, Óscar Hormigos, entre outras voces especializadas do ámbito cultural e tecnolóxico.
O programa inclúe mesas de debate como 'IA, unha nova especie no ecosistema cultural' e 'Co-creando con IA', nas que se analiza como estas tecnoloxías están a transformar as formas de crear, producir, xestionar e difundir proxectos culturais. A xornada complétase con obradoiros prácticos, espazos de networking e sesións de intercambio de experiencias entre profesionais de diferentes disciplinas.
Periscopio A Coruña culmina coa posta en marcha do hackatón 'Creadores culturais & tecnólogos', unha iniciativa que reunirá equipos multidisciplinares ata o próximo mes de decembro para desenvolver prototipos e explorar aplicacións prácticas da intelixencia artificial na xestión cultural, na creación de contidos e na comunicación de proxectos culturais.

17 de octubre de 2026

16 de octubre de 2026

15 de octubre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible