Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2021

A exposición que naceu da cámara Leica de James Rhodes chega a María Pita

A orixinal mostra de fotografía, en que participa o coruñés Sindo Novoa, poderá visitarse na Sala de Exposicións do Pazo Municipal até o 23 de maio “A cultura é un xeito magnífico para entrarmos na casa de todas as coruñesas e coruñeses, por iso lle daremos un pulo popular ao espazo expositivo de María Pita”, sinala a alcaldesa

A Sala de Exposicións do Pazo de María Pita volve abrir as súas portas, tras unhas pequenas obras de acondicionamento, coa exposición fotográfica 'A Leica de James Rhodes', que consta de 29 imaxes dunha beleza senlleira, nacidas dun orixinal proxecto participativo.

En novembro do ano pasado, o prestixioso pianista James Rhodes tivo a iniciativa, desde a súa conta de twitter, de agasallar a súa cámara Leica Q2 á autora ou autor da fotografía que máis lle gustase entre as enviadas nos tres días seguintes. Máis de 11.000 chíos despois, o músico afincado en Madrid e mais o seu veciño e actor Javier Cámara propuxeron a Leica Camera organizaren unha exposición cunha selección das imaxes recibidas que, tras pasar por Madrid, chega agora á cidade.

Un dos elixidos para a exposición foi o fotógrafo coruñés Sindo Novoa, cunha imaxe do faro de Punta Nariga en Malpica de Bergantiños, que expresou o seu desexo de que a mostra, de gran calidade, se puidera ver tamén na cidade. Así será desde mañá  até o 23 de maio, na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita.

Segundo a alcaldesa Inés Rey, "a cultura na Coruña segue e neste caso nun recinto especial. Queremos darlle un pulo á Sala de Exposicións de María Pita, porque as artes son tamén un xeito magnífico de achegármonos á casa de todas as coruñesas e coruñeses". "Temos deseñada unha programación atractiva e popular, ademais de valiosa, para o espazo expositivo do Pazo Municipal, sumando así talento ás mostras que xa temos en marcha coas exposicións colectivas de Palexco e o Quiosco Alfonso, na Fundación Luis Seoane, nos Museos Científicos ou nas casas-museo, unha oferta ampla e de primeiro nivel", engadiu.

Nese sentido, outra exposición nun espazo do Concello amplía a súa dispoñibilidade á cidadanía. A mostra 'Los mapas y la primera vuelta al mundo. La expedición de Magallanes y Elcano', do Instituto Geográfico Nacional, poderá verse na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, até o 25 de abril, tres semanas máis das previstas nun principio, para así compensar as limitacións causadas pola pandemia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión