Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de outubro de 2026

As excursións culturais dos centros cívicos, impulsadas polo Concello, ofrecerán 1.080 prazas en catro saídas durante este mes de outubro

As viaxes gratuítas a Mondariz-Balneario, Ponteareas e Vigo, e a Vilalba e Lugo abrirán as inscricións o 5 de outubro para a primeira saída

O Concello organiza unha nova edición das excursións culturais dos centros cívicos, dirixidas a persoas maiores de 55 anos. Haberá catro saídas os días 21, 22, 28 e 29 de outubro, con dous percorridos: un por Mondariz-Balneario, Ponteareas e Vigo, e outro por Vilalba e Lugo. Estas actividades forman parte de programación impulsada polo Goberno de Inés Rey para achegarlle á cidadanía opcións lúdicas abertas a través da rede de centros cívicos da cidade. 

O programa contará con 20 autobuses de 54 prazas, un total de 1.080. Algúns centros compartirán vehículo e disporán de 27 prazas cada un. As excursións son gratuítas; as visitas ás localidades serán libres e cada persoa asumirá o custo do seu xantar, que se realizará en Vigo ou Lugo segundo o percorrido. 

A inscrición farase na conserxaría do centro cívico correspondente, no seu horario de apertura. Cada persoa solicitante poderá reservar dúas prazas e deberá presentar o DNI para acreditar a súa idade. A persoa acompañante poderá ter menos de 55 anos. "Estas saídas son unha oportunidade para coñecer outros lugares e pasar o día en compañía. Queremos que as persoas que participan na vida dos centros cívicos tamén poidan compartir actividades fóra deles", sinalou a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.

Os autobuses sairán ás 09.30 horas das paradas asignadas a cada centro. O regreso á Coruña está previsto a partir das 19.30. A información sobre as paradas estará dispoñible nos centros cívicos.

PROGRAMACIÓN COMPLETA POR DÍAS

  • Mércores, 21 de outubro | Mondariz-Balneario, Ponteareas e Vigo | Castrillón, Elviña, Monelos, Os Mallos e Labañou | Inscricións do 5 ao 15 de outubro
  •  Xoves, 22 de outubro | Vilalba e Lugo | Eirís, Cidade Vella, Palavea, Artesáns e Feáns | Inscricións do 6 ao 16 de outubro
  •  Mércores, 28 de outubro | Mondariz-Balneario, Ponteareas e Vigo | Novoboandanza, Os Rosales, San Diego, Monte Alto e Mesoiro | Inscricións do 13 ao 22 de outubro
  • Xoves, 29 de outubro | Vilalba e Lugo | Sagrada Familia, O Birloque, A Silva, Pescadores, San Pedro de Visma, Castro de Elviña, Santa Lucía e Santa Margarida | Inscricións do 14 ao 23 de outubro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión