13 de agosto de 2024
Pansenfron abrirán ás 21.00 horas o concerto
As Noites de María Pita chegarán ao seu final este mércores, 14 de agosto, coa actuación de Budiño, un dos grandes expoñentes da música galega. De novo, as Festas de María Pita e os seus concertos na praza contarán con música galega, como xa ocorreu o pasado ano con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O Goberno de Inés Rey deseñou un programa de actividades para todo tipo de públicos e idades.
Budiño ofrecerá, ademais, un concerto moi especial para o público coruñés, coas colaboracións confirmadas de Mercedes Peón, Vega, Libeliñas e Tarandeiras de Xacarandaina e Nekane Louzao. O músico e compositor, que mestura os sons da tradición musical galega coa electrónica máis vangardista, presentará o seu oitavo traballo discográfico, 'Branca Vela' e interpretará tamén algún dos seus éxitos, tras máis de 25 anos de traxectoria. O seu concerto virá precedido por Pansenfron. A formación coruñesa actuará ás 21.00 horas.
Coa actuación de Budiño porase punto e final a unha nova edición das Noites de María Pita, que este ano reuniron a numerosos artistas de diferentes estilos e a milleiros de coruñeses e coruñesas. Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas, Rock en Familia, Omar Montes, La Plazuela e Ariel Rot formaron o cartel desta sección das Festas de María Pita, que proseguirán durante o resto no mes na cidade.
Servizo especial de transporte
Co regreso das Noites de María Pita tamén volverá a habilitarse o servizo especial de transporte, que implica un reforzo das liñas de autobús operativas ao finalizar os concertos da praza. O dispositivo terá saídas centralizadas en Porta Real a partir das 23.30 e as liñas que se reforzarán serán as seguintes:
9 de setembro de 2024
2 de setembro de 2024
29 de agosto de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible