Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2022

Continúa aberto o prazo de inscrición para TODO PÚBLICO primavera 2022 para centros de educación secundaria

A programación dos espectáculos desenvolverase entre os meses de febreiro e abril

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.

Espectáculo

Compañía

Nivel

Datas

Horario

Duración

EL LIBRO DEL BUEN AMOR

Teatro Guirigay (C. de Estremadura)

3º de ESO, bacharelato e FP

04/02/2022

11.30 h

60 min

FEIRANTES

Teatro do Noroeste (Galicia)

ESO

04/03/2022

12.00 h

50 min

AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA

Chévere (Galicia)

2.º ciclo ESO, Bto. e FP

11/03/2022

11.30 h

75 min + coloquio *

LÁZARO

Leamok (C. Valenciana)

2.º ciclo ESO, Bto. e FP

08/04/2022

11.30 h

60 min

AS ALUMNAS

Culturactiva (Galicia)

2.º ciclo ESO, Bto. e FP

22/04/2022

11.30 h

70 min

FANTASMAS FAMILIARES

Quico Cadaval (Galicia)

2.º ciclo ESO e FP

28/04/2022

11.30 h

60 min

HISTORIAS DE ARREPÍOS

Paula Carballeira (Galicia)

1.º ciclo ESO e FP

29/04/2022

11.30 h

50 min

* O coloquio será conducido por Pablo Meira, profesor da USC de Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade.

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público" https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php

No caso de que esquecese o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou polo correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta de correo oficial do seu centro escolar ou chamando a persoa responsable do centro ao teléfono 981 902 327.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 NO AUDITORIO DO FÓRUM

Fronte á pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas todas as medidas hixiénico-sanitarias previstas na lexislación vixente. As medidas que foron adaptadas expresamente para o programa escolar son:

  • En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar polo que, é aconsellable inscribir o maior número de grupos posibles nunha mesma función.
  • Cada grupo só se poderá inscribir nunha única obra de teatro durante o curso 2021/2022. Os grupos que xa asistiron no outono non se poderán inscribir nesta nova convocatoria.
  • A capacidade máxima será da porcentaxe de prazas segundo a lexislación sanitaria vixente, incluídas as do profesorado.
  • Realizarase a limpeza e desinfección do auditorio antes e despois de cada función.
  • Están instalados puntos de hixiene dotados con dispensador de xel hidroalcohólico e papeleira con tapa e pedal na entrada do auditorio.
  • Todo o persoal de produción (control de entrada, acomodadores/as, xefe/a de sala, persoal técnico e de limpeza) levará en todo momento máscara tipo FFP2 e luvas, con excepción de artistas e persoal técnico durante o tempo de execución do espectáculo.
  • Recoméndase o aboamento das entradas mediante tarxeta de crédito.

Aclaración de dúbidas en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 h.

Documentos:

Todo Público escolar primavera 2022. E. Secundaria (4 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión