Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2018

O Concello completa as obras de mellora do estadio de Riazor, “coas que o goberno local dá resposta ás necesidades estruturais dun equipamento icónico desta cidade”

O concelleiro Xiao Varela informa de que a mobilidade habitual da zona irase recuperando de forma progresiva nos vindeiros días, unha vez se retire o guindastre aínda presente e os medios auxiliares empregados para acometer unha actuación que contou cun orzamento de 7,2 millóns

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, anunciou este venres a finalización das obras que a administración local acomete no estadio de Riazor dende o pasado maio e que supuxeron "dar unha resposta ás necesidades estruturais dun equipamento icónico da cidade". Segundo informou o edil este venres, a empresa adxudicataria das obras concluíu nesta mesma xornada a actuación que, por parte do Concello, comprendeu a reforma e conservación da cuberta e das estruturas metálicas das bancas do equipamento deportivo que, cada quince días, acolle a miles de veciños e veciñas da cidade e de toda a área metropolitana. O  proxecto de rehabilitación contemplou tamén a substitución da cubrición completa de todos os graderíos así como o das estruturas das gradas de Tribuna e Preferencia. A intervención incluíu ademais cubrición de parte da grada de Preferencia inferior, o reforzo e reparación do conxunto das estruturas das gradas de Pavillón e Maratón e a unificación formal de todas as cubertas do estadio.

Varela salientou "que o Concello conseguiu compatibilizar unhas obras complexas e de grandísima envergadura co mantemento do uso do estadio. Todo isto, ademais, garantindo en todo momento a seguridade dos operarios que traballaron nesta obra, aos que felicitamos polo resultado". O responsable municipal indicou que se ben as obras están xa rematadas, o Concello aínda debe recepcionalas, un trámite administrativo que abordará unha vez que se retire o guindastre que queda na zona, así como a maquinaria e medios auxiliares que se empregaron para acometer a obra de maior envergadura do mandato, cun orzamento de adxudicación de 7,2 millóns de euros. "A retirada destas infraestruturas levará un días, debido ao seu tamaño, non obstante, a previsión municipal é que nuns días se poida xa recuperar a mobilidade habitual, que se viu alterada na zona por mor das obras", comentou.

Ao fío, o departamento de Rexeneración Urbana tamén prevé que as obras que acometen na rúa Manuel Murguía rematen contra o día 18 deste mes. "Esta actuación, que consiste na ampliación da beirarrúa para mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade na contorna do estadio rematará en breve", comentou Varela, que tamén fixo notar o avance das obras no polígono de Náutica que crearán 115 novos espazos de aparcamento "que suplirán con creces a perda das 25 prazas que se producen coa reforma da beirarrúa de Manuel Murguía".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión