Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

11 de marzo de 2020

O mercado de Durmideiras disporá dun espazo “polivalente” para eventos sociais

A Xunta de Goberno sacou adiante as obras para rehabilitar integralmente o edificio e aprobou a convocatoria para o curso que vén das Bolsas comedor

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as obras de rehabilitación do mercado de Durmideiras, que deixarán a planta baixa como de compra-venda cun espazo para uso social no medio e coa planta alta "polivalente" para a que non están determinados os seus usos. O proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020". Nel, liberarase o espazo interior de ambas as plantas, de xeito que a de arriba quedará diáfana e apta para albergar calquera tipo de eventos promovidos pola veciñanza. Na de abaixo, reorganizaranse o conxunto de postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O edificio acristalarase en todo o seu perímetro co fin de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.

Por outra parte, na xunta sacaron adiante unha nova convocatoria por parte de Benestar Social das bolsas comedor para o curso 2020-2021, en que as persoas solicitantes serán as e os escolares, polo que se comprobarán as débedas deles e non as dos seus proxenitores e nas que se aumentará a renda per cápita das persoas usuarias aos 7.000 euros. O gasto das axudas distribuirase en 450.000 euros, de setembro a novembro, con cargo ao orzamento actual para este ano e 1.050.000 euros, de decembro de 2020 a agosto de 2021, con cargo ás contas do ano que vén. De seguido, as bolsas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, na sede electrónica do concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Ademais, adxudicáronse varios dos lotes que forman parte do programa de itinerarios formativos de "Coruña Suma", o proxecto do Servizo Municipal de Emprego co que o Goberno local busca a inserción no mercado de persoas que teñen dificultades para conseguila, a través da activación e especialización nos sectores con máis saídas laborais. Dos novos lotes formativos, que se engloban dentro dun contrato valorado en 2.657.308,38 millóns de euros (IVA incluído) e que están cofinanciados polo Fondo Social Europeo, encargaranse as empresas Siglo XXI Consultores de Formación, SL., Sararte, SL., e Norquality Consultores, SL.,.e abordarán distintas materias que atenden ás areas de Informática e a módulos transversais sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, desenvolvemento sustentable, novas tecnoloxías da información e á formación para a obtención do carné de manipulación de alimentos.

Tamén rexeitaron o recurso interposto pola Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria SA (SAREB) contra o acordo que tomou a Xunta de Goberno local en maio de 2019, en que se declarou a caducidade da licenza concedida a Promociones Isidro Paz, SL. para construír un edificio nas parcelas números 69-71 da Rolda de Nelle, números 4-6, 10-12, 14-16 da rúa Fátima e 32-34 e 38 da rúa Marabillas.

Na área de cultura, prorrogouse a concesión de dominio público sobre o local do Aquarium Finisterrae destinada á venda de obxectos e publicacións da Casa dos Peixes ás persoas visitantes e dentro do departamento de contratación, desistiron do procedemento aberto con diversos criterios de valoración suxeito á regulación harmonizada para contratar o servizo de apoio para a redacción dun instrumento de aproximación ás determinacións de planificación integrada e gobernanza territorial da Área Urbana da Coruña e da súa contorna metropolitana.

Así mesmo, acordouse a comparecencia en procedemento ordinario, promovido por FCC Medioambiente, SA e Ingeser Atlántica, SL UTE, contra a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia pola que se estiman os recursos especiais en materia de contratación interpostos pola UTE Copasa-Geseco-Setec Building e por CESPA, SA. contra a adxudicación do lote 2 da contratación dun servizo de conterización, recollida e transporte de residuos urbanos na cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión