Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2022

Inés Rey anuncia o nomeamento de Roberto González-Monjas como director titular da Orquestra Sinfónica de Galicia a partir da tempada 2023-24

González-Monjas, director titular da Orquestra de Musikkollegium Winterthur en Suíza, formouse na Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia entre os anos 2005 e 2007

Esta mañá, durante os ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), a alcaldesa, Inés Rey, acudiu ao Palacio da Ópera para informar persoalmente á plantilla da OSG do nomeamento de Roberto González-Monjas como novo director titular da formación. Este nomeamento farase efectivo na vindeira xunta de goberno do Consorcio para a Promoción da Música e terá unha duración de tres tempadas: 2023-24, 2024-25 e 2025-26.

O proceso de selección contou coa colaboración dos músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, representados polo seu comité artístico, a través de unha votación na que Roberto González-Monjas recibiu a mellor valoración.

Director titular da Orquestra de Musikkollegium Winterthur en Suíza e principal director convidado da Orquestra Nacional de Bélxica, González Monjas é un director con visión musical, carisma e magnetismo. A súa crecente proxección internacional fan que o seu nomeamento sexa idóneo para a nova etapa da Sinfónica de Galicia.

Ademais de concertos nos prestixiosos festivais de Salzburgo, Verbier e Lucerna, dirixiu a orquestras tan relevantes como a Mahler Chamber Orchestra, a Orquestra do Mozarteum de Salzburgo e a Filharmónica de Luxemburgo, e debutará en vindeiras tempadas coa Orquestra da Radio Sueca, a Orquestra do Capitolio de Toulouse, a Sinfónica de Baltimore e a Orquestra Filharmónica de Oslo.

Formado como violinista, Roberto González-Monjas deu os seus primeiros pasos como concertino na Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia, entre os anos 2005 e 2007, unha función que máis tarde desempeñaría profesionalmente na Orquestra da Academia Nacional de Santa Cecilia en Roma, durante seis anos.

A súa paixón pola formación de novas xeracións de músicos levouno a fundar a Iberacademy (Academia Orquestal Iberoamericana) xunto ao director Alejandro Posada, co obxectivo de crear un modelo eficiente e sostible de educación musical en América Latina, centrándose nos segmentos vulnerables da poboación e apoiando a novas e novos músicos de gran talento.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión