Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2025

Inés Rey reivindica no Día do Dano Cerebral Adquirido a visibilización e apoio ao colectivo

A praza de María Pita acolleu diferentes actividades deportivas e de sensibilización impulsadas por Dano Cerebral A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na lectura do manifesto polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido. Durante toda a mañá celebráronse na praza de María Pita diferentes actividades deportivas, lúdicas, musicais e de sensibilización para conmemorar esta efeméride. 

A alcaldesa fixo un chamamento á responsabilidade compartida "principalmente a doutras administracións como a Xunta de Galicia que pode e debe comprometerse con vos para poder sacar adiante o novo centro que precisades os pacientes e que necesita a cidade" subliñou Rey. 

"Desde o Concello da Coruña, reafirmamos o noso compromiso para seguir colaborando activamente con ADACECO, como fixemos coa cesión da parcela en Eirís para garantir que ningunha persoa con Dano Cerebral quede atrás", sinalou a alcaldesa. 

O manifesto deste ano, baixo o título '30 anos construíndo dignidade', foi lido polo presidente de Dano Cerebral A Coruña, Juan Luis Delgado. O texto conmemora os tres decenios da fundación da Federación Española de Dano Cerebral e insta ás administracións a garantir respostas coordinadas, equitativas e universais fronte ao DCA.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión