Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2022

Inés Rey traslada a Pedro Sánchez o interese da cidade en acoller a sede da Agencia Española de Inteligencia Artificial

A alcaldesa agradeceu ao presidente do Goberno que escollera A Coruña para celebración do cume hispano alemán

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo esta tarde no pazo de María Pita un encontro co presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Sánchez, que está na Coruña presidindo o cume bilateral entre España e Alemaña, achegouse ao pazo municipal onde saudou aos portavoces dos grupos antes de reunirse coa rexedora, un encontro no que Inés Rey agradeceulle que escollera a cidade para a celebración dunha reunión de relevancia internacional.

A alcaldesa analizou co presidente distintos temas de relevancia para a cidade. Rey recordou que grazas ás xestións realizadas entre o Concello e o Estado, hoxe están en marcha investimentos na cidade que superan os 200 millóns de euros, entre o enlace ferroviaio con Langosteira, a estación intermodal e o dragado da ría. "Trasladeille ao presidente a necesidade de manter o ritmo de investimentos públicos para mellorar os servizos nesta cidade", indicou Rey. A rexedora tamén lle comunicou a Sánchez que A Coruña optará a ser sede da Agencia  Española de Inteligencia Artificial. A Coruña, explicou Rey, reúne as características precisas para ese organismo, xa que conta cun tecido empresarial TIC que a sitúa como capital galega das novas tecnoloxías, ten en marcha a Cidade das TIC e mesmo conta un grao de Intelixencia Artificial impartido pola UDC. 

"Grazas á interlocución co Goberno na Coruña avanzan asuntos que levaban décadas de retraso, como o tren ao porto exterior, a estación de San Cristovo e o dragado da Ría do Burgo. O vindeiro día 17 estará na cidade a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e seguro que poderemos anunciar novos avances en materia de mobilidade", indicou Rey, quen recordou que grazas aos plans estatais os cidadáns gozan desde o pasado día 1 de setembro dunha bonificación do 30% no transporte público urbano, ademais do transporte en ferrocarril de balde.

A alcaldesa ofreceu tamén ao presidente do Goberno a cidade para acoller eventos de nivel nacional e internacional: "A Coruña está preparada para a organización de calquera cita, por complexa que sexa", apuntou a alcaldesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión